21/12/09

Axardinamento chalet adosado

Neste video do programa Hábitat (30/09/09) da TVG podedes ver (o video é de todo o contido do programa, o que nos interesa sae máis o menos pola metade) un axardinamento realizado pola empresa ARTE NATUR, a cal visitamos na viaxe formativa de hoxe. Un dos socios desta empresa, José Souto, é un antigo alumno da Granxa.
VER VIDEO

03/12/09

Inaguración oficial da escaleira

Sen tempo non era, pero xa temos prácticamente rematada a escaleira e o axardinamento anexo. O céspede que se ve a esquerda é artificial (tipo photoshop), a espera do verdadeiro. O caso é que observando agora a foto, coido que a estética do deseño milloraria ampliando hacia abaixo un pouco o macizo da esquerda, onde estan as Abelias variegadas. Qué opinades?
Na seguinte serie de fotos podedes ver o proceso de construcción paso a paso: https://photos.app.goo.gl/AxeAV51yhRcDEnFh7

20/11/09

Repoñendo aspersores

Durante a preparación do terreo para a sementeira do céspede, danáronse varios aspersores (pasoulles o arado ou a fresa moi cerca). Son aspersores que hai que repoñer, pero antes é moi importante limpar ben a tubería da terra que lle entrou. Para iso:
  • Faise un burato ata a tubería soterrada.
  • Límpase ben de terra a rosca do collarín.
  • Colócase o conxunto bobina-aspersor. A bobina e recórtase (ou non) buscando o enrasamento do aspersor ca superficie do terreo (moi importante para non danalos despois co cortacépede)
  • Sácase o corpo do aspersor, deixando colocada so cá carcasa do mesmo.
  • Sácase tamén o corpo do aspersor fin de liña e deixase só a carcasa.
  • Ábrese a electroválvula é esperase a que saia a auga limpa, e logo se pecha.
  • Vólvense a poñer os aspersores alineados correctamente para conserven o arco.
  • Vólvese a abrir a electroválvula e compróvase que funcionan correctamente (de ser necesario regular novamente o arco).
Podemos ver parte do proceso na seguinte presentación de fotos:

Xa que estamos con adoquíns...

Outro tajo paralelo a escaleira é colocar adoquín nun camiño. Obra que xa escomezara con alumnos/as de xardinaría do Plan FIP (formación ocupacional); que abriron caixa cunha mini-retro e colocarón as primeiras fileiras.

18/11/09

Pouco a pouco...

...a escaleira vai collendo corpo. Xa ten tres chanzos, i escomenzamos a adoquinar.

Replanteo parcelas xardíns

Parte do grupo replantexando as parcelas: estacas, cordel e cinta métrica.

16/11/09

Xardíns temporais

Durante este curso ímos construir, por grupos de traballo, uns 5 xardíns temporais ou provisionais (levantaranse ao final de curso) na parcela de xardinaría.
Os xardíns tipo serán de 20 x 10 m, e o proceso será completo: deseño, replanteo, preparación do terreo, camiños, sistema de rega, céspede, árbores e arbustos,...abranguerá tódolos obxectivos do módulo.

Escaleira

Práctica: execución de pequenas obras en xardíns. Realización dunha escaleira de madeira e adoquíns.
Foto do 05/11/09. Apertura de caixa, colocación do bordo lateral e do primeiro chanzo.
Choveunos dabondo.

Sementando

Práctica implantación céspede o 11/11/09
Sementando con sementadora mecánica: sementa, angaza e rula, nunha pasada.
Semente empregada: 100% ray-grass inglés (lolium perenne).


Donas e cabaleiros, vós presentamos...

...Zona_Xardín, o noso blogue de aula. Onde esperamos presenta-los traballos realizados, trocar información e opinións, resolver dúbidas, etc. A súa utilidade dependerá de nós. E quenes somos nós; pois os alumnos/as de 1º ano do CM de xardinaría. Inda non temos unha foto de presentación, así que imos poñer unha panorámica do grupo "angazo en man" (práctica 28/10/09).