27/01/10

Visita Viveiros Adoa

O martes 26 fixemos unha visita formativa a viveiros Adoa, coa finalidade de axudarnos na elección do material vexetal dentro do proceso de deseño dos xardíns temporais (especies e variedades dispoñibles, tamaños e prezos).

O grupo en actitude de descanso,
e de volta a Granxa...cos deberes feitos?

Agasalláromos cuns (11) Antirrhinum majus (Boca de dragón), hai que coidar os clientes.

Curiosidades: Adoa ten na súa superficie de exposición planta grande e moi grande...para grandes orzamentos.
Ilex crenata Macrobonsai_6.550 euros

Ceratonia siliqua (Algarrobo)_3.690 euros

Grupos traballo xardíns temporais

Esquema para a identificación das parcelas dos xardíns temporais na finca de xardinaría:

Grupos proxecto/implantación xardíns temporais (Sorteo de parcelas o 19/01/10):

*Parcela nº 1_Libre

*Parcela nº 2_Grupo nº 1
-Adrian Portas Monteagudo
-Alejandro Losada Martínez
-Mª Carmen Costas Piñeiro

*Parcela nº 3_Grupo nº 2
-Lucía Gómez Barcia
-Carla Costas Cruz
-Tomás Númez Rodríguez
-Maruxa Fernández Martínez

*Parcela nº 4_Grupo nº 3
-Carla González Montenegro
-Miguel A. Cerqueira Rodríguez
-José Carlos Carrera Rocha
-Diego Sanchez Souto

*Parcela nº 5_Grupo nº 4
-Fernando D. Costas Costas
-Artur Rodríguez Olveira
-Samuel Domínguez Montes
-Iago Pardavila González

22/01/10

Especies axardinamento contorno escaleira

Xa que estamos cos elementos vexetais (as plantas) a voltas; velaí tedes as fotos das especies que empregamos no axardinamento do contorno da escaleira.

Xardín de cogomelos

Que vós parece esta rotonda...mola

19/01/10

Drenaxe embozado

Como poidestes ver a drenaxe do campo deportivo está atoada. Hai que limpar os pozos e as conduccións. Como? aspirando coa cisterna de purín e introducindo polas conduccións mangueiras con auga a presión ou guías.

Materiais construcción dispoñibles

Nas seguintes fotos podedes ver os distintos materiais de construcción dispoñibles para a implantación dos xardíns temporais. No caso de necesitar doutros intentarémolos mercar (dentro do orzamento). Pode ser interesante dispoñer de serrín, areas coloreadas, casca de piñeiro, mallas anti-herbas e plásticos ou láminas impermeables.

12/01/10

Evolución implantación céspede

Ben, xa van dous meses dende que sementamos o céspede do campo deportivo. O tempo (climatolóxico) non nós acompañou nada, chuvia, máis chuvia, frío...we will survive. No seguinte albúm fotográfico podemos seguir o proceso ao longo deste tempo. Como vedes, a cousa xa vai tomando corpo.