24/06/10

Fin de curso

Ben, pois ata eiquí chegamos...sen tempo non era. Espero que aprendérades algo de implantación de xardíns.

Unha aperta a todos/as e bo vrao.

...ou se preferides un verano fatal


16/06/10

I Concurso de Xardíns Efémeros do CIFP A Granxa

E chegou o día...
de disfrutar do traballo feito e de falla-los premios.

Velaí tedes o albúm de fotos (*) do acontecemento.
(*)Tomeime a licenza de "tunear" algunhas fotos para que o resultado se parecese o que se tería que pacecer.



O evento tivo, penso, unha boa acollida e moita participación. Así que esperamos repetilo en vindeiros anos; invitando ademáis a xente do sector da xardinaría e facendo unha xornadas de portas abertas...xa se verá.

E para rematar unha foto de grupo:

15/06/10

Preparativos concurso

Durante o que vai de ano, ao igual que os compañeiros do CS de Recusos Naturais, estivéchedes a traballar por grupos na execución duns xardíns temporais ou efémeros (a vindeira promoción fará outros). Ben, pois mañá poderedes pasearvos entre os distintos xardíns, falar cos seus creadores e finalmente votar polo que máis vós goste.

Sorte a todos/as

Últimos preparativos para o día do concurso de xardíns: acondicionamento camiños

10/06/10

Evolución dos traballos nos xardíns temporais II

Ben xardineiros, estamos chegando ao final do curso e a vindeira semán é a presentación dos xardíns en sociedade; e ata o de agora só hai un xardín rematado. Temos que bulir...e inda así.

A día de hoxe as cousas están tal que así:

Grupo 1


Grupo 2


Grupo 3


Grupo 4

09/06/10

Jardíns efêmeros - Ponte de Lima

Dende xa e ata o mes de outubro pódese visitar a 6ª edición do Festival Internacional de Jardins de Ponte de Lima. O tema desta edición é "Kaos no jardim"; e entre os doce xardíns participantes atópase Terramoto de Manuel Eijo e José Souto de ArteNatur.
Xa sabedes, unha boa ocasión para visita-la bonita vila de Ponte de Lima.

http://www.festivaldejardins.cm-pontedelima.pt/