21/12/11

Bo nadal

Felices festas xardineiros

O bichero. L. Davila



 






Siniestro Total - A funfún, a fanfán

20/12/11

Fieitos arborescentes


A orde Dicksoniales inclue fieitos de tipo arborescente de grandes frondes (o equivalente as follas). Estes fieitos son os derradeiros descendentes dos que poboaron os bosques tropicais do Xurasico. Desta orde, en Galicia, só queda Culcita macrocarpa, en peligro de extinción, presente nas Fragas do Eume (*), e procedentes de Australia temos as especies: Cyathea cooperi e Dicksonia antartica, que son as que máis se ven nos xardíns. Están caracterizadas por un estipe (ou mal chamado tronco ergueito), o final do cal atópanse as frondes de gran tamaño, o que lles confire un aspecto similar as palmeiras.

Cycathea cooperi ten un único estipe de porte ergueito e delgado cuberto de escamas e rematado por un penacho de frondes. As frondes son bipinnadas, de 2-3 metros de longo, de cor verde claro, e escamas na base das frondes. Cando as frondes van vellas cúrvanse tocando o chan e rompense, por eso é recomendable podalas ao ras da estipe. O seu crecemento é rápido, superando o metro de estipe en 8-10 anos, podendo acadar os 4-5 metros nun espécime adulto. É un fieito bastante resistente ao frío. Como fieito que é, non gusta da exposición directa ao sol e prefire a semisombra. Unicamente propágase por esporas que xerminan en condicións moi específicas.

Os xardineiros posando baixo un bonito exemplar de Cycathea cooperi nos Xardíns do Castelo de Soutomaior.
Dicksonia antartica distínguese por ter un estipe groso (as veces presenta varios), tamén rematado por un penacho de frondes. As frondes son coriáceas, pinnadas, de ata dous metros, con pecíolos veludos e desprovistos de escamas. O seu crecemento é moi lento, tarda moitos anos en acadar os 2-3 metros de altura.
Dentro dos fieitos grandes tamén temos a Woodwardia radicans e Osmunda regalis, pero non presentan porte arbóreo.

(*) No parque natural Fragas do Eume están catalogadas 21 especies de fieitos.

13/12/11

Solución suposto rega


Serie de boquiñas de difusores, de arco variable e de distintos alcances.


Xa tedes pendurada a resolución do suposto de rega do exame. Non hai que tomala o pé da letra: os problemas reais de rega, e de moitas outras cousas, non son pechados e admiten varias solucións*.

pica na imaxe



















*Ollo, incluso hai xente que atopa varios problemas para cada solución. Ou inda peor, crea os problemas para logo propoñer solucións e "salvarnos".

Bob Marley and The Wailers - No More Trouble

e eiquí tedes unha revisión deste temazo polo colectivo Playing for change
http://youtu.be/fgWFxFg7-GU

02/12/11

Ground_Force & Zona_Xardín

Ground force (A Forza da Terra) é un programa da televisión británica (BBC) no que un equipo de xardineiros, capitaneados por Alan Titchmarsh, Charlie Dimmock e Tommy Walsh, "asalta" xardíns abandoados, en complicidade con familiares ou amigos das “víctimas”, e o transforman nun novo xardín adaptado aos condicioantes do terreo e ás preferencias dos propietarios. E todo en 48 horas. (Algo así, pero salvando distancias coma: "Esta casa era una ruina" ou "MTV Tuning").

É parecido ao queremos facer nós. A ver se vos vale de inspiración para abordar os vosos proxectos de axardinamento.
http://youtu.be/a5rKVIJzzRc
http://youtu.be/eXZn4Qr8E7w


Esta información saqueina de La Senda Luces, pasádevos por alí e podedes atopar outras interesantes entradas sobre xardinaría. Este é un blog do IES Luces (Asturias); centro co cal temos a medias un proxecto de innovación e transferencia tecnolóxica en compostaxe ver: blog innovaciónycompostaje.

18/11/11

Respecto ao medioambiente

Think Globally, Act Locally
Pensa globalmente e actúa localmente

Este famoso slogan estanos a dicir: Oe! ti humano, ten en conta a saúde do planeta no seu conxunto cando realices accións no teu contorno.

Na liña de promover a sensibilización e facilitar a comprensión dos impactos medioambientais derivados da actividades profesionais encádranse os códigos de boas prácticas ambientais.

No seguinte enlace podedes acceder a "Guía de buenas prácticas ambientales en la jardinería" (do centro de recursos ambientais de Navarra). É unha guía sinxela, organizada polas tarefas propias da profesión. Partindo destas tarefas detállanse as suxestións de caracter ambiental, organizadas de xeito que aparecen en primeiro termo as que non necesitan ningunha inversión económica e despois as que requiren da implantación de tecnoloxía e inversión.




















Macaco - Mama Tierra

15/11/11

Motorrozadoras



A motorrozadora (ou desbrozadora) é unha máquina empregada na xardinaría para cortar as malas herbas ou malezas (desbrozar) e para repasar os lugares onde non chega un cortacéspede, coma as esquinas e os bordes. O corte o realiza un fío de nylon ou discos de coitelas.

Existen moitos modelos: lixeiros (cortabordes sen arnés), de potencia media (axeitados para xardinaría) e pesados de barra corta e grosa (máis potentes para traballos forestais). As marcas as máis coñecidas son STHIL e HUSQVARNA, e tamén hai innovacións interesantes:

O Bichero. Luis Davila



Enlaces:
ver Ficha prevención de riscos da motorrozadora manual
ver Técnicas de traballo e mantemento da motorrozadora
ver Apuntes motorrozadora 

14/11/11

Criterios da xardinaría sostible

Esta publicación do Ayuntamiento de Madrid é unha guía onde se establecen os criterios de sostenibilidade que deben rexer as operacións de deseño, execución e mantemento e xestión das zonas verdes da cidade, neste caso Madrid, pero extrapolables a calquera outra.

11/11/11

Manual de rega de xardíns

La Junta de Andalucia por medio do IFAPA (Instituto Andaluz de Investigación y Formación Agraria, Pesquera, Alimentaria y de la Producción Ecológica), ten publicado un completo manual de rega de xardíns (dispoñible en PDF na súa web).

Manual de riego de jardines.pdf 

Tamén é de moita utilidade o Programa Xardín un Manual de instalación da casa comercial TORO destinado a axudar na planificación, deseño e execución dun sistema de rega.

07/11/11

Manual de Prevención de Riscos

Na páxina web da Consellería de Medio Rural tedes pendurado (pódese ver pero non descargar) o Manual de Prevención de riscos laborais no agro galego.
Non é un manual específico dos riscos laborais na xardinaría, pero hai unha correspondencia de moitos dos traballos agrícolas e os traballos na xardinaría.

Resumo: Manual de consulta para que os traballadores do agro galego poidan empregar no desempeño das súas funcións e avaliar os riscos e o desenvolvemento da actividade preventiva segundo o artigo 35 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Tedes este outro manual, máis sinxelo pero específico de xardinaría, Manual de buenas prácticas laborales para trabajos con maquinaria y herramientas, da Fundación para la prevención de riesgos laborales.

05/10/11

Arrincamos...

...coa primeira promoción do título LOE. Despois de explicar a programación e a dinámica de traballo, estes primeiros días adicámolos a desmontar os xardíns do curso pasado.











Xa temos foto de grupo, de fondo o Kubota BX2350, un mini-tractor para pequenos traballos de xardinaría equipado con pala frontal.

23/06/11

Despedida fin de módulo

Xa rematamos o curso. Este foi o último ano do módulo de implantación de xardíns e zonas verdes do título LOXSE (245 horas) , para o ano entra o novo currículo de Técnico en Xardinaría e Floraría co novo módulo de implantación con só 134 horas!!. A ver se somos quen de facer algho nese tempo...e se non un power point e listo.

Saúde e bo vrao.










The Beatles - Octopus's Garden

22/06/11

II concurso de xardíns efémeros d'Granxa

Segundo o previsto, nesta 2ª edición, abrímonos ao exterior (a endogamia é cousa mala) e invitamos a profesionais do sector da xardinaría a coñecer e valorar os xardíns realizados por vós durante o curso. Traballouse duro e eso notouse no bo nivel dos xardíns, asi que os premios estiveron moi rifados.
Parabens para todos.




Alpha Blondy - wish you were here

PD. Dende aquí agradecemos aos membros do xurado pola súa participación desinteresada e aportacións técnicas.
Ana Castro -Enxeñeira paisaxísta-
Andrés Lomba -Xardineiro-
José Candeira -de Ecogarden-
Julia -de Canedo-Centro de Xardinería-

24/05/11

Festivais de xardíns


Moi perto de aquí: en Allaríz (Ourense) e na Ponte de Lima (Portugal) estanse a celebrar dous festivais internacionais de xardíns (ata outubro). O tema deste ano en Allariz é "a moda no xardín", e na Ponte de Lima "a floresta no jardim".
O ex-alumno desta escola José Souto está presente entre as propostas elexidas con "A cor da pasarela", todo un luxo.
Non deixedes de ir a velos.

23/05/11

Implantación de céspede...primaveral 1

A implatación do céspede é unha das operacións "delicadas" no xardín, dela depende en grande medida o éxito deste.

No caso de poder elexir; realizaremos a implantación a principios do outono, a millor época, xa que a maioria das malas herbas están ao final do seu ciclo. No caso de ter que implantar un céspede na primaveira, se a superficie é pequena, pode ser interesante instalar tepes.

Ben, estamos na primaveira...logo imos ver o procedemento a seguir para implartar un céspede en primaveira:

1º- Preparación do terreo: fresar e rastrillar (eliminando pedras e achanzando a superficie), pasar o rulo para compactar. Regar (1*).

(1*) Previamente hai que ter instalado un sistema de rega (e de ser necesario un sist. de drenaxe) con difusores ou aspersores segundo superficie e forma da zona de céspede). A rede de tuberías ten que estar o suficientemente soterradas (mínimo 30 cm, mellor 40 cm) para que non as rompamos no proceso de fresado (Moi importante!!!).

O primeiro, fresar: con cavadora
...ou millor cun motocultor con fresa
(si o xardín é grande cun tractor con fresa).
Retíranse as pedras que arrasta o angazo.
Despois, o rastrillado:  
Unha das destrezas esenciais dun bo xardineiro.
Aspecto unha vez finalizada a preparación do terreo.
2º- Esperar, unha semana, a que xerminen as malas herbas (2*), regar diariamente para favorecer o proceso, e aplicar un herbicida total. Nos imos empregar GLIFOSATO a 3-5 gr/Litro. Ollo! non pode chover ese día.

Malas herbas nascendo o cabo dunha semán
Aplicación localicada do herbicida.
Seguindo as normas de manipulación e aplicación
de productos fitotóxicos (moi importante!!!)
(2*) Qué pasa si sementamos agora?...As malas herbas "cómesense" as gramineas cespitosas.

3º- Encalar, aboar e sementar, todo no mesmo día, despois tapar a semente con area (3*) e regar (4*).

(3*) para evitar remover o terreo e favorecer unha nova xerminación de malas herbas. Ollo!! no caso de tapar a semente co terreo facelo dunha maneira moi superficial.

Caliza magnesiana granulada

Adubo granulado de liberación controlada
Semente céspede Fitó fórmula Sparring
Area para cobertera



















Datos caliza: dose: 50 gr/m2 / tipo: caliza magnesiana granulada / Composición: calcio 44'82%; magnesio 7%; tamén contén sustancias húmicas e fúlvicas. Enmenda caliza formada por carboato de calcio nun 80% e carboato de magnesio 15% cun poder neutralizante de 85.

Datos adubo: dose: 30 gr/m2 / tipo: adubo de liberación controlada NPK 18-5-16+18,6% SO3+0,3% MgO) con micronutrientes...ver ficha técnica.

Datos semente: dose: 30 gr/m2 / Casa: FITÓ / Mixtura ou Formula SPARRING: céspede rústico de baixo mantemento e resistente ao calor e a seca / Composición:
40% Festuca arundinácea FIRACES
40% Festuca arundinácea MERIDA
10% Poa pratensis BLUECHIP
10% Lolium perenne RINGLES


Sementando manualmente a voleo.
Ollo! Repartir a semente uniformenente
con pases cruzados (moi importante!!!).
Tapando a semente con area.
Aspecto despois da sementeira
(4*) Moi importante!!!. Regas cortas e frecuentes (varias veces ao día) para non enchoupar nin mover a semente e manter unha humidade constante na superficie do terreo. Por exemplo: nestes días de calor, un total de 30 minutos/día repartidos en 3 regas.
O sistema de rega ten que estar perfectamente regulado, cos solapes correspondentes para que a distribución da auga sexa unifome. Ademáis os emisores teñen que emerxer verticais, non tropezar con nada e estar perfectamente nivelados ca superficie do terreo para evitar roturas nos traballos de sega.
Nunha semán, aprox., comeza a xerminar o céspede:
A día de hoxe estamos neste paso. Máis adiante...

4º- Aplicación herbicida selectivo IOXINIL + MECOPROP, para eliminar herbas de folla ancha, uns 20 días despois da sementeira.

5º- Primeiro corte, aos 25-30 días, para favorecer o proceso de afillado.

Fuxan os Ventos - Sementeira

15/04/11

Xa estamos de volta

Xa fai uns días que rematou a competición...Comezamos ben, pero cometimos algún erro, que xunto cunha temporización dos traballos un pouco/moi "estrana" deixounos fora da competición, relegándonos ao último (4º) lugar.

Xogamos limpo, sudamos a camiseta e aprendemos cousas...e ata creo que o pasamos razoablemente ben, non si?

Algunhas fotos do Skill:


...e por suposto: Noraboa aos campións.

04/04/11

Xa estamos en SpainSkills

Nós
...e o equipo Galego ao completo
 
Ismael e Adrían preparados
mañán empeza a competición...e a zona de traballo está a medio montar...malo será.

http://todofp.es/todofp/formacion/spainskills.html

28/03/11

xardin 1

Picar na foto para entrar no albúm

27/03/11

SpainSkills 2011


Este ano é a vez primeira que hai Skills*, as olimpiadas de FP, na especialidade de xardinaría a nivel nacional: as SpainSkills-11, que se celebran en Madrid a primeira semán de abril (xa). E Galicia foi convidada a participar...e representando a Galicia, no Skill-Xardinaría paisaxística, como xa sabedes, van os alumnos Ismael Miñán e Adrian Silva do CM de Xardinaría do CIFP A Granxa.

E alá imos!! a vivir a experiencia con espíritu olímpico:
"O máis importante non é gañar se non participar" ou dito doutro xeito: "O esencial na vida non é vencer se non loitar ben"
Barón de Coubertin

Na Galiza tamén se dí "O importante é non levar un gholpe na cabesa"

*Skills significa habilidades en inglés, pero podémolo traducir por olimpiadas.

26/03/11

Traballos nos xardíns efémeros II

Entramos no útimo trimestre, xa queda menos!!
Eiquí tedes algunhas fotos dos traballos de implantación realizados durante este 2º trimestre:

Xardín 1


Xardín 2


Xardín 3


Xardín 4

Borduras

As borduras ou bordes*, zonas de contacto de dúas superficie​s distintas, deben estar perfectame​nte perfilados para conseguir o efecto estético desexado. Nalgún caso pode interesar unha transición gradual ou difusa, sen un borde claro, pero é menos frecuente.



* Estamos a falar das non vexetais, xa que tamen chamamos borduras as alineacións de plantas baixas ao longo de camiños, parterres, macizos, arriates, etc.

08/02/11

Xardíns verticais

O Caixa Forum (2008), no Paseo do Prado en Madrid, é a transformación da antiga Central Eléctrica de Mediodia nun museo (obra do estudo de arquitectura Herzog & De Meuron). O mellor do conxunto é o xardín vertical obra do botánico francés Patrick Blanc. O xardín ocupa a medianeira do edificio contiguo é está composto por 15.000 plantas de 250 especies diferentes.
Os xardíns verticais poden transformar espazos marxinais ou antiestéticos, como son os muros e medianeiras, en esculturas vexetais. E unha técnica con futuro xa que hai moitos espacios nas cidades subceptibles de axardinarse deste xeito.