08/02/11

Xardíns verticais

O Caixa Forum (2008), no Paseo do Prado en Madrid, é a transformación da antiga Central Eléctrica de Mediodia nun museo (obra do estudo de arquitectura Herzog & De Meuron). O mellor do conxunto é o xardín vertical obra do botánico francés Patrick Blanc. O xardín ocupa a medianeira do edificio contiguo é está composto por 15.000 plantas de 250 especies diferentes.
Os xardíns verticais poden transformar espazos marxinais ou antiestéticos, como son os muros e medianeiras, en esculturas vexetais. E unha técnica con futuro xa que hai moitos espacios nas cidades subceptibles de axardinarse deste xeito.

02/02/11

Cortacéspede sobrepotenciado

Miúdo susto que levou o fulano...a experiencia dí que sempre é mellor confiar o traballo a un bó xardineiro/a profesional.