29/06/12

Fin de curso

Glamour de club,
pocos los elegidos,
focos encendidos,
desaparecidos en los minutos decisivos,
galácticos del gardening si acaso

Bo vrao

Janette - ¿Por qué te vas?

22/06/12

Festival de Xardíns Efémeros 2012


Un xardín é unha creación feita para durar e mellorar co paso dos anos, polo contrario, un xardín efémero é aquel que ten unha duración limitada no tempo. No CIFP A Granxa valémonos desta modalidade de xardín como ferramenta educativa; cada curso escolar os alumnos/as dos módulos de Implantación de Xardíns e Zonas Verdes do CM de Xardinaría e Floraría e os do CS de Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos do CIFP, deseñan e executan as súas propostas coa finalidade de formarse coma futuros profesionais da xardinaría e o paisaxismo. 
Agora, ao remate do curso, celebramos un Festival onde se presentan a toda comunidade educativa e ao público en xeral. Nun ambiente festivo estes xardíns compiten por obter o voto do público e o dos expertos do sector. Nesta edición o xurado técnico estivo formado polos profesionais: Xosé Souto de ArteNatur, Xurxo González de Viveiros Adoa e Sinda Davila de VerdeON; dende eiquí queremos agrader a súa participación...e especialmente a todos/as os que traballástedes, ata ultimísima hora, para facer posible esta 3º edición. 
Polos pelos, pero o conseguímolo!! Parabéns.

Fotos do evento

P.D. Estes xardíns estarán abertos ata finais de mes, para todos os que se queiran achegar polo Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa de Ponteareas.

Bob Marley - Jamming

20/06/12

Traballos nos xardíns efémeros. 2ª parte /2012

Esta serie de fotos correspóndense cos traballos realizados no 3º trimestre.

Xardín 1 

Xardín 2
Xardín 3