30/10/12

Soleira de formigón

Xa que non podemos rematar a xogada; imos lembrar os pasos a seguir para realizar unha soleira de formigón:
  • Marcamos a superficie no terreo.
  • Abrimos a caixa (burato).
  • Botamos unha capa de grava (aprox 10 cm) e compactámola.
  • Sobre esta cimentación colocamos unha malla electrosoldada (separámola uns centímetros da grava).
  • Marcamos con cordeis, ben tensos, a alineación e a pendente dos bordes.
  • Realizamos o encofrado de madeira dos bordes seguindo as alineacións e pendentes. Para marcar as pendentes e nivelacións valémonos dun nivel de burbulla ou un de auga (de mangueira).
  • Vertemos o formigón sobre a caixa (aprox 10 cm).
 

  • Nivelamos a superficie valéndonos dunha regra (de aluminio) que apoiamos no encofrado (que xa previamente niveláramos coa pendente desexada). Movemos alternativamente a regra, de adiante atrás, ata que a superficie do formigón queda perfectamente lisa.
 
  • Desencoframos unha vez que o formigón fraguou e endureceu (aprox aos 3 días, aínda que a resistencia máxima alcánzase aos 30 días). E fin do proceso.
Podemos complicar o tema falando dos distintos espesores e armado de aceiro segundo o uso, de aditivos do formigón...pero para realizar pequenas obras en xardinaría, basicamente, o que hai que saber é isto. Iso si, saber-facer.

29/10/12

Convenio colectivo de xardinaría


Resolución do 9 de agosto de 2011, da Dirección General de Trabajo, pola que se rexistra e publica o CONVENIO COLECTIVO ESTATAL DE JARDINERÍA (2010-2013)


Esclarecidos - Música para convenios colectivos

25/10/12

Guerrilla Gardening


Minidocumental sobre un movemento urbano chamado Xardinaría de Guerrilla. Consiste en intervir en espazos públicos urbanos coa la finalidade de mellorar o entorno. Actúan sen permiso, de xeito inesperado, rápido e desaparecen..como a guerrilla.



Le petit jardín - Manu Chao

24/10/12

GardenGranxaSkill

O pasado venres tivo lugar no noso Centro o Skill de Xardinaría dentro do II Campionato Galego da Formación Profesional GaliciaSkills 2012. Participaron tres equipos do noso Centro (todo queda na casa).
-Laura Santiso Castillo e Marta Gil Álvarez
-Jorge Magariños Alende e Sergio Lizarza Moreno
-David Oscar Cruz Alonso e Heitor Fernández Méndez
A proba consistiu na execución dun proxecto de axardinamento proposto polo xurado. Os equipos tiñan 8 horas para realizar este axardinamento de 25 m2 (5x5), seguindo os planos, e empregando os materiais e as ferramentas dispoñibles. O equipo gañador desvelarase nun superevento en Compostela.
Sorte a todos!!!
Nova publicada no FarodeVigo

16/10/12

Xeroxardinaría



 A xeroxardinaría e o xeroxardín son conceptos acuñados nos USA (xeriscape) a principios dos 80. O prefixo "xero" significa seco, do grego "xeros".

Despois da seca dos 70 no oeste dos EEUU, fundamentalmente nos estados de California e Colorado, púxose de manifesto a necesidade de construír xardíns de baixo consumo de auga, formulándose uns principios de deseño e concepción do xardín que constitúen o que hoxe coñecemos por xeroxardinaría. Chegando a España ala polos 90, tamén da man das secas, fundamentalmente do sur da península.

A idea principal neste tipo de xardíns é facer un uso racional da auga de rega, evitando o desperdicio da mesma, isto ten unha relevancia especial en climas como o mediterráneo o subdesérticos.

O aforro de auga non é o único obxectivo, a xeroxardinaría vai máis aló. Tamén ten un sentido ecolóxico e avoga por un mantemento reducido, por exemplo, intentar limitar a utilización de produtos fitosanitarios e fertilizantes, reducir o uso da maquinaria con gasto de combustible, fomentar a reciclaxe, etc.

UD1_Principios básicos xardinaría_xeroxardinaría

Seleccion de elementos vexetais para xeroxardinaría

15/10/12

Nocións estéticas no deseño de xardíns

Para facernos cunhas nocións estéticas, imprescindibles para acometer o deseño de espazos axardinados cunhas mínimas opcións de éxito; pode ser de utilidade ler estes documentos:
O deseño de xardíns, de John Brookes, un clásico.
UD1_Principios básicos xardinaría_Principios estéticos
Apuntamentos de Deseño de Xardíns, por Ana Castro Puga
Deseño do xardín: Elementos constructivos e naturais, por Angela Rodríguez-Gironés 
Planificación e Deseño de Xardíns, por David Puñal Prol

+ bibliografía sobre deseño de xardíns

...E despois de interiorizar certos principios e técnicas, non queda outra que practicar e equivocarse ata aprender.

10/10/12

O grupo medra

Novas fotos de grupo, coas últimas incorporacións. Xa estamos todos?
De esquerda a dereita: Ricardo, Adrián, Alejandro, Álvaro, Humberto, Carmen, Iago, Isabel, Diego, Sara, Lara, Diego, Jordan, Iago, Pablo, Andrés, Juan, Marcos, Susana, Sandra e Maica.

05/10/12

Central Park

O Central Park é un parque urbano (*) público situado en Manhattan na cidade de New York (USA). O parque ten forma rectangular e unhas dimensións aproximadas de 4000 m x 800 m (320 Ha). Cuns 25 millóns de visitantes ao ano, Central Park é o parque máis visitado dos EEUU. Ademais, a súa aparición en numerosas películas, o converte nuns dos parques urbanos máis famosos do mundo, senón o que máis.

En 1857 organizouse un concurso para elixir o deseño do parque: O paisaxista Frederick Law Olmsted e o arquitecto Calvert Vaux presentaron un deseño chamado Greensward Plan, que foi seleccionado como o deseño gañador. A construción do parque rematouse en 1873.

Con anterioridade Olmsted, viaxou por Europa, visitando varios parques; quedou particularmente impresionado co Parque Birkenhead (deseñado por Joseph Paxton) situado perto de Liverpool, no Reino Unido, que foi inaugurado no 1847, sendo o primeiro parque público do mundo.































(*) Un parque (do francés parc) urbano (chamado tamén parque público, parque municipal, xardín público) é unha zona verde axardinada situado no interior dunha poboación, coa finalidade de servir de lugar de recreación lúdica dos cidadáns. É de acceso público e, en xeral, debe o seu deseño e mantemento a os poderes públicos (municipais).

04/10/12

Que é un xardín?

Un XARDÍN é unha transformación do entorno natural para crear un espazo artificial a medida do home.
O xardín é ante todo artificio, obra humana. A natureza faise xardín cando hai un creador, unha vontade estética e unha intencionalidade.
O xardín é a síntese da arquitectura coa natureza, sen que se estableza unha ruptura conceptual entre as dúas creacións.
O xardín xurde como a saudade do home de representar o paraíso prometido aquí na terra. A vida xurde nun xardín, o xardín do paraíso, o home desexa volver a ese paraíso perdido e a súa representación máis fiel é o xardín.
Os xardíns, como obra humana, están profundamente influenciados por aspectos relixiosos, culturais e funcionais; e estes foron mudando ao longo do tempo de do espazo. É a historia da xardinaría.
 http://lorelozano.files.wordpress.com/2012/08/jardin-persa-big.jpg
Sade - Paradise

hortus (Latín), xardín (Gz), jardim (P), jardí (Cat), lorategia (Eusk), jardín (Esp, Fra), giardino (I), garden (Eng), garten (Ger), (Jap), 花園 (Ch).

03/10/12

Premio a accesibilidade

O percorrido sensorial polo Xardín Histórico de Castrelos (Pazo de Quiñones de León) recibe unha Mención Especial nos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural-Europa Nostra 2012.
"O xurado valorou o esforzo realizado para facilita-la visita a este xardín das persoas con deficiencias de visión, con estímulos táctiles e olfactivos cos que fai posible a percepción dos seus valores, empregando procedementos innovadores".

ver nova Faro de Vigo 03-10-12

Mellorar a accesibilidade das persoas con limitacións aos espazos públicos é unha obriga nunha sociedade avanzada.

02/10/12

Xardíns Colgantes de Babilonia

Os Xardíns Colgantes de Babilonia  son considerados unha das Sete Maravillas do Mundo Antiguo (das cales so queda en pé a Gran Pirámide de Guiza), e foron construídos no século VI a. C. durante o reinado de Nabucodonosor II na cidade de Babilonia (a Babel dos textos bíblicos), as beiras do río Éufrates.
...Alá polo ano 600 a. C., Nabucodonosor II, rei dos Caldeos, quixo facer a súa esposa, Amytis, un presente que amosara o seu grande amor por ela e lle recordara as fermosas montañas da súa frondosa terra natal, tan diferente das grandes chairas de Babilonia, bla, bla, bla...sempre o mesmo rollo do amor: Este tipo de obras "faraónicas" son propias de monarcas megalómanos que queren amosar o seu poderío ao mundo.

O de "colgantes" é porque estaban dispostos en terrazas elevadas soportadas por columnas. Estas terrazas enchíanse de terra para permitir a plantación de árbores e plantas de gran tamaño.


Unha pintura do século XVI dos Xardíns Colgantes de Babilonia. Ao fondo a Torre de Babel...ou a Cidade da Cultura, non se distingue ben.

Boney M. - Rivers Of Babylon