27/05/13

Traballos nos xardíns efémeros 2013 / 2ª asalto

Estamos a piques de rematar o trimestre e o curso...e nas portas do Festival de Xardíns.
...Velaí outra tanda de fotos do voso traballo:

https://photos.app.goo.gl/9sPS8VRbLHJ5CDwi8
Ver álbum fotos

Just Dropped In - Kenny Rogers & The First Edition

09/05/13

Wertgonza de lei

Éche unha risa.

06/05/13

IV Festival de Xardíns

Xa queda pouco para a IV edición do Festival de Xardíns, obrigada cita anual da xardinaría ghranxeira e dos arredores (e como veña alguén de Portugal, en vindeiras edicións pasaremos a chamarlle International Gardening Festival).

Este ano a data escollida é o vindeiro 6 de xuñoÁnimo e a traballar duro para rematar as vosas creacións en tempo e forma.
Cartel desta edición, baixo o lema: crisis? what crisis? (*)

(*) A crise é tamén de ideas; así que modifico a famosa portada de Supertramp (sen permiso algún) é listo.
Sempre me gustou está imaxe: as fábricas botando fume, urbanismo infame...pero o individuo sobreponse e crea un espazo propio, que nun sentido amplo podemos considerar un xardín. Chapó!. Tamén podemos vela polo lado crítico: o mundo desfaise, pero nós; no conforto do noso "xardín" non o vemos, ou non o queremos ver.

02/05/13

Orde e Limpeza

En calquera actividade laboral, para acadar un grado de seguridade aceptable, é moi importante asegurar e manter a orde e a limpeza do lugar de traballo. Entre un 20-25% dos accidentes laborais son golpes e caídas como resultado de ambientes desordenados, chans esvaradíos, materiais fora de lugar ou acumulacións de materiais sobrantes ou lixo.

Ademais de evitar accidentes e lesións, aforramos en espazo, tempo e material; polo tanto obtemos un maior rendemento e produtividade no traballo.
 

01/05/13

Maio

Aí ven o maio - Luis Emilio Batallan



Como hacer crac - Nacho Vegas