20/06/13

Fin de curso

Un ano máis chegamos ao fin de curso.
Foi un pracer traballar con vós, e espero que sacárades cousas en limpo (aprendizaxes significativos), que é o queda.

Blues del pescador (Fisherman´s blues)- Celtas Cortos

"Y los recuerdos al aire me besan la cara. 
Sólo recuerdo lo bueno, de lo malo nada". 

07/06/13

Nova no xornal Atlántico

Nova sobre o noso Festival de Xardíns publicada no Atlántico (07-06-13).
http://www.atlantico.net/noticia/244852/condado/lourina/

06/06/13

Festival de Xardíns Efémeros 2013

Chegou o día e chegou a romaría...a festa dos xardíns!!! Cunha dobre finalidade: unha endogámica, a de gozar do resultado noso traballo, e outra aperturista ou universal, a de convidar a todo o mundo a gozar da beleza efémera destes xardíns, que só viviran uns meses pero permaneceran no recordo de moitos.

Estou moi contento dos xardíns deste ano, todos de nivel, moi profesionais...que é do que se trata. Cando se teñen ideas e se traballa para poñelas en práctica o resultado é gratificante. Sinceros parabéns a todos/as.

https://photos.app.goo.gl/cpg3yySnjGBXHtyT8
Ver álbum fotos

Sixto Rodríguez - Can´t Get Away


*Nesta edición o xurado técnico estívo formado por: Pedro López de Viveiros Xabarís, Victor Reboreda de Princess Jardineros e Alfredo Ramiro de Raíces de Galicia. Grazas por participar.

05/06/13

Traballos nos xardíns efémeros 2013 / 3º asalto

Realizando as últimas plantacións, e retoques finais...para un acabado de calidade.

https://photos.app.goo.gl/B3e8HwViJnGm9ASR7
Ver álbum fotos

Ciudad Jardín - Dame Calidad