25/11/13

Reutilización e reciclaxe no xardín

Existe outro panel modular multifuncional moito máis estético e con máis posibilidades no xardín: o PALET (ou palé) de madeira
Ofrece moitas posibilidades na creación de mobiliario de xardín (cadeiras, bancos, mesas,...), tarimas, celosias, valados, valados verdes (xardíns verticais), etc
Nestas enlaces podedes ver algúns exemplos:
http://www.casasrestauradas.com/reciclando-decora-tu-jardin-con-palets/
http://hogaryjardinenpuntadas.blogspot.com.es/2013/01/terrazas-y-jardines-con-palets.html
http://www.hogarutil.com/jardineria/mantenimiento/terrazas-balcones/201309/jardin-vertical-pale-21455.html
...pero podedes atopar moitos máis exemplos buscando na web.

22/11/13

Zonificación, circulacións e alternativas de deseño

Unha vez coñecidas as demandas e os gustos do promotor e, os condicionantes que van a influír no noso deseño, o seguinte paso é establecer zonas diferenciadas no espazo: a zonificaciónO estudo destes espazos ou zonas da lugar a distintas alternativas. A elección dunha u outra virá definida por factores funcionais ou económicos.

A zonificación define as circulacións, que fan referencia a forma de fluír (desprazarse) dunha zona a outra, establecendo a súa vez, zonas de paso que non teñen que estar necesariamente relacionadas con camiños ou sendeiros.

No seguinte exemplo os condicionantes do promotor serían:
-Zona céspede
-Zona estar con pérgola
-Estanque
Os condicionantes da parcela serían:
-Superficie rectangular (20x10 metros)
-Pouco desnivel, o fondo da finca máis alto (+0,8 m).
-Situación da casa (marcada coa frecha no debuxo).
E dúas posibles alternativas, a respecto da distribución de espazos ou zonificación, serían:

Alternativa A, coa zona de estar pegada a casa (máis práctica, menos percorrido).
 Alternativa B, coa zona de estar ao fondo.
OLLO: Nestes dous debuxos xa se definiron as formas das estancias e concretaronse certos aspectos do deseño final do axardinamento. Pero dentro de cada unha das dúas alternativas de distribución de espazos, a súa vez existen multitude de alternativas de deseño diferentes.

18/11/13

Festival de Xardíns de Ponte de Lima

O 25 de outubro realizamos unha visita formativa a IX edición do Festival Internacional de Jardins de Ponte de Lima.
Este ano 2013 obtiveron, no marco da Garden Tourism Conference celebrada en Toronto (Canada), o premio ao Festival of the Year na categoría de International Garden Tourism AwardsEste premio pon en evidencia a gran contribución que ten este Festival no desenvolvemento do turismo ligado aos xardíns (na edición de 2012 recibiu 100.000 visitantes). Tamén é un recoñecemento ao traballo, ao longo destes nove anos, en prol da arte do xardín e na difusión de formas creativas e innovadoras de intervención no espazo público.

Os futuros/as xardineiros e paisaxístas do CM-Xardinaría e Floraría e do CS-Paisaxísmo e Medio Rural

Outros festivais:
Festival Internacional de Xardíns de Allariz . Este festival está creado a imaxe e semellanza do de Ponte de Lima, o que non o desmerece para nada, é intelixente copiar aquelas cousas que "valen a pena" (a do ano que ven será a 5ª edición).

Festival International des Jardins Domaine de Chaumont-Sur-Loire , en Francia (*).  Celébrase dende 1992, e está consolidado a nivel internacional como un dos eventos máis importantes no ámbito do paisaxismo, onde se amosan as últimas tendencias en parques e xardíns.
(*) Situado a uns 200 Km ao sur de París, entre as cidades de Tours e Blois.

Garden Festival des Jardins de Métis , en Canada. Este festival celébrase anualmente dende o ano 2000 na rexión de Quebec, nos Jardins Reford (*). É un dos concursos internacionais de deseño de xardíns efémeros máis importantes de América, e do mundo; está organizado pola Fondation de Jardins de Métis, entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é a creación, exposición e promoción de xardíns contemporáneos. A diferenza de outros festivais similares, as propostas son de tema libre, quedando a criterio dos participantes.
(*) Os xardíns de Reford son sitio histórico Nacional. Antigo coto de pesca dunha rica familia, a partir de 1926 engadíronselle grandes xardíns, por vontade de Elsie Reford, ávida xardineira e coleccionista de plantas.

Unha mención aparte, xa que non é un festival de xardíns efémeros, merece Keukenhof , en Holanda (*). É un extenso parque de máis de 32 hectáreas, un culto as flores bulbosas, especialmente aos tulipáns; sen dúbida Keukenhof é un dos xardíns máis bonitos do mundo. So está aberto ao público dende mediados de marzo a finais de maio, coincidindo coa floración dos tulipáns.
(*) Situado entre as localidades de Lisse e Hillegon, moi cerca de Ansterdam.

04/11/13

Foto inicio curso

Pistoletazo de saída...e comezamos coa tradicional foto de inicio de curso.
Posando no tractor EBRO 6090 están de arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Abrahan, Enrique, Manuel, Rodrigo, Emilio, Raquel, Adrian, Eloi, Pablo, Luis, Jonatan Emmanuel, Jonatan Castelo, José Carlos Alonso, Diego e Guillermo. Non están na foto: Susana, Lara e José Carlos Sotelo.

Xa choveu (literalmente) dende que sacamos esta foto, o 04-10-13 (uns 400 mm, nun dos outubros máis chuviosos dos últimos anos). Antes das chuvias, aproveitamos as primeiras xornadas, para o desmontaxe dos anteriores xardíns.