23/06/15

Xardíns 2015























Ben rapaces/as esto rematou. Faltoumos un pouco...pero bueno...aí están. Espero que aprendérades algo de proveito. Saúde e bo vrao.

O telefone - Jorge Ben

22/06/15

Xardíns 2015 review












Estes son os xardíns creados polos alumnos de 1º de xardinería este ano, escollede o favorito e tomade nota para novas ideas os que chegades novos, e os que mirades o blog, aqui tendes ideas, para os vosos diseños.
Sintimos moito que este ano non se fixera o festival. É animamos a Uxio a que siga coa sua labor.

Só queda decir, espero que vos guste a pouca aportación que fai esta servidora, e dexexarvos a todos bo verán. Voltamos en setembro.

Xardíns curso xardinaría AFD



























Estes son os xardíns creados este ano polos que viñeron do curso do INEM, co seu profesor Eliseo. Fixeron unha excelente labor.

12/06/15

O tan esperado xardín
























Despois de 2 anos en proxecto, por fin se leva a cabo este pequeno axardinamento, situado na marxe esquerda cara o aparcamento e disimulando a entrada fea da adega (bueno a iso ainda lle falta a escultura maxistral de Uxio, contamos poder vela ali algun día), isto esta ben, é ese toque tan enxebre de malas herbas e os adoquins sen ningunha argamas, quedalle moi natural, para a miña opinión non se lle deberia modificar, con esta reflexión ahi vos deixo algo para que comentedes.

A todo isto, felicitar aos rapaces que levaron a cabo esta labor, e o seu profesor, por botarlle ganas e paciencia, e por suposto a dirección do centro por dar un presuposto a leva-lo a cabo.

Transplante fallido
















Polo mes de Marzo, os alumnos de 2º de xardineria, transplantamos este cedro, porque onde estaba antes ubicado estaba padecendo mala vida, e porque tamen non se perfeccionaba o novo diseño previsto para esa zona (ver seguinte publicación), foi reubicado frente o dept. de profesores, facendolle un solo novo, pero ou non nos saiu ben a conta, ou estaba xa moi afectado, ou quen sabe algun profe botoulle un meigaño por considera-lo feo alí....deixamolo a vosa imaxinación. So queda pedir que alguen piadoso o quite, porque xa non lle hai que facer, ademaís e unha vergonza que de esa mala imaxe nese zona.....

Carteis identificativos



















Como se aprecia nestas imaxes, algo bo que se logrou facer este ano no centro, etiquetar as plantas co seu nome científico e común, incluso algunhas levan referencia para o móbil. Para todos os que veñades de novos estudantes e con ganas de aprender, aqui tendes unha referencia máis. Pero ainda quedan plantas por catalogar, asi  que seguimos animandos a todo os que colaboraron nesta iniciativa e os que teñades ganas de sumarvos a ela, ¡PARTICIPADE!.