Velaí un video dunha demostración de montaxe de rega por aspersión, protagonizado por un tal Fran Rodríguez (a ver si lle facedes máis caso que a mín), empregando materiais da casa RainBird.
Están a vosa disposición pedras de granito de distintos tamaños, que poden ser moi útiles para os xardíns que estades a facer: rocallas, muretes, estanques... pero bulide, porque aínda que son pedras igual voan.
Como podedes ver na foto están xunto a caseta da zona de horta,
e si seguides camiño abaixo, atoparedes máis.