30/09/10

Grupos de traballo xardins temporais

Este é o esquema para a identificación das parcelas dos xardíns temporais na finca de xardinaría. Este ano imos trocar a numeración, quedando do seguinte xeito:

O pasado día 21 constituimo-los distintos grupos traballo de implantación dos xardíns temporais e o sorteo de parcelas.

*Grupo/xardín nº1
- Ismael Miñan
- Javier Carbó
- Adrián Silva

*Grupo/xardín nº2
- Amancio Gómez
- Pablo Queiruga
- Daniel Argibay

*Grupo/xardín nº 3
- Cristian Rodríguez
- Carlos Groba
- Oscar Duran

O día 27 fórmase cas novas incorporacións un novo grupo.

*Grupo/xardín nº 4
- Arsenio Pérez
- Heitor Fernández
- Jonathan Prieto

28/09/10

Inicio curso

Ben, eiquí estamos outro ano máis, novo curso e novos alumnos.
Primeira foto de grupo do curso 2010-11
23-09-10

E outra do grupo case ao completo. Despois da faena, posando diante dun dos tractores históricos do Centro, o John Deere 2030 (co transpalet)
28-09-10

O longo do curso iremos colgando fotos da evolución dos xardíns dos distintos grupos de traballo.

24/06/10

Fin de curso

Ben, pois ata eiquí chegamos...sen tempo non era. Espero que aprendérades algo de implantación de xardíns.

Unha aperta a todos/as e bo vrao.

...ou se preferides un verano fatal


16/06/10

I Concurso de Xardíns Efémeros do CIFP A Granxa

E chegou o día...
de disfrutar do traballo feito e de falla-los premios.

Velaí tedes o albúm de fotos (*) do acontecemento.
(*)Tomeime a licenza de "tunear" algunhas fotos para que o resultado se parecese o que se tería que pacecer.



O evento tivo, penso, unha boa acollida e moita participación. Así que esperamos repetilo en vindeiros anos; invitando ademáis a xente do sector da xardinaría e facendo unha xornadas de portas abertas...xa se verá.

E para rematar unha foto de grupo:

15/06/10

Preparativos concurso

Durante o que vai de ano, ao igual que os compañeiros do CS de Recusos Naturais, estivéchedes a traballar por grupos na execución duns xardíns temporais ou efémeros (a vindeira promoción fará outros). Ben, pois mañá poderedes pasearvos entre os distintos xardíns, falar cos seus creadores e finalmente votar polo que máis vós goste.

Sorte a todos/as

Últimos preparativos para o día do concurso de xardíns: acondicionamento camiños

10/06/10

Evolución dos traballos nos xardíns temporais II

Ben xardineiros, estamos chegando ao final do curso e a vindeira semán é a presentación dos xardíns en sociedade; e ata o de agora só hai un xardín rematado. Temos que bulir...e inda así.

A día de hoxe as cousas están tal que así:

Grupo 1


Grupo 2


Grupo 3


Grupo 4

09/06/10

Jardíns efêmeros - Ponte de Lima

Dende xa e ata o mes de outubro pódese visitar a 6ª edición do Festival Internacional de Jardins de Ponte de Lima. O tema desta edición é "Kaos no jardim"; e entre os doce xardíns participantes atópase Terramoto de Manuel Eijo e José Souto de ArteNatur.
Xa sabedes, unha boa ocasión para visita-la bonita vila de Ponte de Lima.

http://www.festivaldejardins.cm-pontedelima.pt/

01/05/10

Evolución dos traballos nos xardíns temporais

Ben, a cousa vai tomando forma e xa se empezan a ver resultados. Nas seguintes fotos podedes ver a evolución dos traballos de implantación dos distintos grupos.

Grupo 1


Grupo 2


Grupo 3


Grupo 4

Evolución implantación céspede II

Esta serie de fotos van do 12 de xaneiro ata o 07 de abril.

28/04/10

Zanxadora

Ola, xa estamos aquí de novo.
Nestes días que estamos a facer as gabias (zanxas) para colocar a tubería de rega desexaríamos ter unha zanxadora (en inglés trencher) coma a que aperece no video...pero non a temos, así que haberá que facer bola.