19/06/17

Meninas 2017

A figura elexida para este ano, é o perfil de María Agustina Sarmiento de Sotomaior, a "menina" ponteareana inmortalizada por Velázquez no seu famoso cuadro. Dende a Granxa presentamos estas dúas propostas:
María Agustina é a que está a esquerda da Infanta Margarita

04/05/17

Demostración Husqvarna na Granxa

Velai algunhas imaxes da Xornada de demostración de maquinaria de xardinaría da marca HUSQVARNA que tivo lugar no noso Centro o 4 de maio, en colaboración coa empresa CASTROTECO (concesionario da marca en Ponteareas).

15/02/17

Muro verde

























Mini-muro verde (máis ben columna) feito nas prácticas para montar na Feira EDUGAL 2017. Formado por unha estrutura de maia galvanizada, cunha parte baixa para encher de material non vexetal (neste caso madeira) e unha parte alta, forrada interiormente cun fieltro cheo de substrato, onde se planta o material vexetal (cortando o fieltro). As plantas empregadas foron: Hedera, Erica e Acorus (esta última non foi unha boa elección, pero era o que había).

Telón de Acero - Muro

17/01/17

Preparación do terreo


Despois de desmontar os xardíns do ano anterior, nivelamos e preparamos o terreo con un pase de FRESA (ou rotovator) para empezar dende cero os novos xardíns.

Ir a: Riscos derivados do traballo con apeiros de preparación do terreo

08/01/17

Novo curso

Foto de grupo da nova promoción na visita formativa ao Festival de Xardíns de Ponte de Lima 2016 (02-10-16)

De arriba abaixo e de esquerda a dereita: María, Marisol, Alba, Isaac, Manuel. Borja, Luis, Fran, Xose, Josefa, Hugo, Nicolás, Fran (Framiñan), Miguel e Daniel.

21/06/16

Xardín lavandas

Xa chegou o vrao a Granxa, e a alineación de lavandas está en todo o seu esplendor

16/06/16

Festival de Xardíns 2016

Aquí tedes o albúm de fotos do superevento:

https://photos.app.goo.gl/u9xGJUnZeKtv5xMt6
https://photos.app.goo.gl/u9xGJUnZeKtv5xMt6

Get Up Stand Up - Playing for change

15/06/16

Fotocol

Despois do bo traballo feito un momento para o descanso e o recordo: 
Os futuros xardineiros/as posando, co menda, nas súas efémeras creacións.
Parabéns, saúde e boa sorte.







Is this the end? - Miss Li

14/06/16

Xardíns 2016

Estés son os 5 xardíns efémeros da VI edición do Festival de Xardíns da Granxa.
Xardín 1


Xardín 2


Xardín 3


Xardín 4


Xardín 5



I think of you - Sixto Rodríguez

08/06/16

VI FESTIVAL XARDÍNS EFÉMEROS DA GRANXA

Regresamos cunha nova edición deste clásico granxeiro.