Escaparate de primaveira dos alumnos/as de 2º curso con kokedamas...Mola.
O Kokedama, que pódese traducir por "bola de musgo", é una antiga técnica artesanal xaponesa de cultivo de plantas que intenta recrear un hábitat natural mediante unha maceta viva.
Golden Retriever - Miss Li
21/03/18
08/03/18
13/02/18
Poda sebe

Ver máis fotos
22/01/18
Vime no xardín
O vime ou vimbio é unha vara longa e fina que provén das pólas moles e flexíbeis do vimieiro, que se emprega para atar monllos, facer cestos e mobles,
atar vides, etc. É un material utilizado dende tempos primitivos. Hoxe
desígnase coma vime calquera materia prima de orixe vexetal con
características semellantes.
Alén da vimeira orixinal, na cestaría úsanse outros materiais bastante comúns como algunhas gramíneas, pólas doutros salgueiros, como o salgueiro bravo, pólas de abeleira, millo, canas e bambús. Empréganse poliñas, ou mesmo o tronco principal, sempre que sexa fino e flexíbel.
Máis alo da cestería, o vime ten infinidade de posibilidades no xardín: valados, borduras, mobiliario,...
Alén da vimeira orixinal, na cestaría úsanse outros materiais bastante comúns como algunhas gramíneas, pólas doutros salgueiros, como o salgueiro bravo, pólas de abeleira, millo, canas e bambús. Empréganse poliñas, ou mesmo o tronco principal, sempre que sexa fino e flexíbel.
Máis alo da cestería, o vime ten infinidade de posibilidades no xardín: valados, borduras, mobiliario,...
ver máis...
11/12/17
Caseto viveiro I
A parcela adicada a Viveiro de produción de planta do Centro non dispuña dunha zona para gardar pequenas ferramentas e materiais de reposición
que se empregan acotío: substratos, adubos, envases, titores, macarrón de atar, etiquetas, tapetes anti-herbas, mesas de traballo, material de rega, vasoiras, etc. Así mesmo tampouco dispuña dunha zona cuberta onde realizar traballos a resgardo da choiva e do sol.
Unha opción era empregar un módulo
prefabricado; pola súa inmediata posta en servizo e posibilidade de
mobilidade/reubicación de ser o caso...pero son caros. Outra opción é facer un cuberto nós mesmos dentro das prácticas do módulo de instalacións agrícolas, xa que é unha estrutura de construción sinxela...e resulta máis económico e divertido.
02/10/17
23/06/17
Xardíns 2017
Os "superviventes" Fran e Marisol posando nun dos dous xardíns que se "remataron" o curso 2016-17.
Parabéns, saúde e boa sorte.
Ver álbum fotos Xardíns 2017
Climb up on my music - Sixto Rodríguez
Parabéns, saúde e boa sorte.
Ver álbum fotos Xardíns 2017
Climb up on my music - Sixto Rodríguez
19/06/17
Meninas 2017
A figura elexida para este ano, é o perfil de María Agustina Sarmiento de Sotomaior, a "menina" ponteareana inmortalizada por Velázquez no seu famoso cuadro. Dende a Granxa presentamos estas dúas propostas:
04/05/17
Demostración Husqvarna na Granxa
Velai algunhas imaxes da Xornada de demostración de maquinaria de xardinaría da marca HUSQVARNA que tivo lugar no noso Centro o 4 de maio, en colaboración coa empresa CASTROTECO (concesionario da marca en Ponteareas).
15/02/17
Muro verde
Mini-muro verde (máis ben columna) feito nas prácticas para montar na Feira EDUGAL 2017. Formado por unha estrutura de maia galvanizada, cunha parte baixa para encher de material non vexetal (neste caso madeira) e unha parte alta, forrada interiormente cun fieltro cheo de substrato, onde se planta o material vexetal (cortando o fieltro). As plantas empregadas foron: Hedera, Erica e Acorus (esta última non foi unha boa elección, pero era o que había).
Telón de Acero - Muro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













