A solución adoptada foi a construcción dunha gran tarima de madeira tratada a dous niveis, con escalóns e unha árbore no medio.
...foron moitas horas de traballo pero por fin rematámo-la.
Foto de grupo posando na flamexante tarima. De arriba a baixo e de esquerda a dereita: Antonio, Paz, Hortensia, Sara, Carlos, Cristian, Patricia, José María, Eu, Marcos, Ivan e Mónica. Faltan: Beatriz e Daniel...e tamén estiveron: Bruno, Tais e Bibiana.
Estou moi contento co resultado final, penso que quedou moi ben proporcionada e rematada. Noraboa a todos/as
O antes:
E o despois:
E a continuación podedes ver unha serie de fotos que ilustran a evolución das obras:
PD. A madeira é moi empregada dentro das construccións e mobiliario dos xardíns. É un material nobre, bonito e doado de traballar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario