No caso de poder elexir; realizaremos a implantación a principios do outono, a millor época, xa que a maioria das malas herbas están ao final do seu ciclo. No caso de ter que implantar un céspede na primaveira, se a superficie é pequena, pode ser interesante instalar tepes.
Ben, estamos na primaveira...logo imos ver o procedemento a seguir para implartar un céspede en primaveira:
1º- Preparación do terreo: fresar e rastrillar (eliminando pedras e achanzando a superficie), pasar o rulo para compactar. Regar (1*).
(1*) Previamente hai que ter instalado un sistema de rega (e de ser necesario un sist. de drenaxe) con difusores ou aspersores segundo superficie e forma da zona de céspede). A rede de tuberías ten que estar o suficientemente soterradas (mínimo 30 cm, mellor 40 cm) para que non as rompamos no proceso de fresado (Moi importante!!!).
O primeiro, fresar: con cavadora |
...ou millor cun motocultor con fresa (si o xardín é grande cun tractor con fresa). |
Retíranse as pedras que arrasta o angazo. |
Despois, o rastrillado:
Unha das destrezas esenciais dun bo xardineiro.
|
Aspecto unha vez finalizada a preparación do terreo. |
Malas herbas nascendo o cabo dunha semán |
Aplicación localicada do herbicida.
Seguindo as normas de manipulación e aplicación
de productos fitotóxicos (moi importante!!!)
|
3º- Encalar, aboar e sementar, todo no mesmo día, despois tapar a semente con area (3*) e regar (4*).
(3*) para evitar remover o terreo e favorecer unha nova xerminación de malas herbas. Ollo!! no caso de tapar a semente co terreo facelo dunha maneira moi superficial.
Caliza magnesiana granulada |
Adubo granulado de liberación controlada |
Semente céspede Fitó fórmula Sparring |
Area para cobertera |
Datos caliza: dose: 50 gr/m2 / tipo: caliza magnesiana granulada / Composición: calcio 44'82%; magnesio 7%; tamén contén sustancias húmicas e fúlvicas. Enmenda caliza formada por carboato de calcio nun 80% e carboato de magnesio 15% cun poder neutralizante de 85.
Datos adubo: dose: 30 gr/m2 / tipo: adubo de liberación controlada NPK 18-5-16+18,6% SO3+0,3% MgO) con micronutrientes...ver ficha técnica.
Datos semente: dose: 30 gr/m2 / Casa: FITÓ / Mixtura ou Formula SPARRING: céspede rústico de baixo mantemento e resistente ao calor e a seca / Composición:
40% Festuca arundinácea FIRACES
40% Festuca arundinácea MERIDA
10% Poa pratensis BLUECHIP
10% Lolium perenne RINGLES
Sementando manualmente a voleo.
Ollo! Repartir a semente uniformenente
con pases cruzados (moi importante!!!).
|
Tapando a semente con area. |
Aspecto despois da sementeira |
O sistema de rega ten que estar perfectamente regulado, cos solapes correspondentes para que a distribución da auga sexa unifome. Ademáis os emisores teñen que emerxer verticais, non tropezar con nada e estar perfectamente nivelados ca superficie do terreo para evitar roturas nos traballos de sega.
Nunha semán, aprox., comeza a xerminar o céspede:
A día de hoxe estamos neste paso. Máis adiante...
4º- Aplicación herbicida selectivo IOXINIL + MECOPROP, para eliminar herbas de folla ancha, uns 20 días despois da sementeira.
5º- Primeiro corte, aos 25-30 días, para favorecer o proceso de afillado.
Fuxan os Ventos -
Ningún comentario:
Publicar un comentario