Cortes e golpes, contactos eléctricos, danos provocados polo ruído e as
vibracións ou pola inhalación de polvo son algúns dos riscos que con leva o uso
dunha amoladora. Ollo!! esta é unha das ferramentas máis perigosas, si non se
utiliza de maneira axeitada. O disco xira moi rápido e con moita forza, e si o dobramos
lixeiramente durante o corte, daranos un bo lategazo, podendo incluso chegar a
rachar (o disco) e saír os restos despedidos como proxectís.
Unha boa práctica é evitar que o disco penetre profundamente no material a
cortar. E, por suposto, sempre empregaremos un disco do tamaño axeitado (NUNCA
maior do tamaño máximo que admita a máquina) e XAMAIS empregaremos a amoladora
sen a carcasa protectora do disco; encargada de evitar que as chispas e
partículas nos vaian a cara, e tamén nos protexerá no caso que rompese o disco.
Manejo Seguro Amoladora-radialEnlaces:
NTP 281: Amoladoras angulares. Nota técnica de prevención do INSHT
Ficha prevención riscos_Amoladora. Junta Extremadura
Amoladoras
Tipos de discos para amoladoras
Catálogo discos
Ningún comentario:
Publicar un comentario