O ser humano ten disposición a aprender aquilo ao que lle atopa
sentido ou lóxica, do mesmo xeito tende a rexeitar aquilo ao que non lle atopa
sentido. Polo tanto a auténtica aprendizaxe é a aprendizaxe significativa
(aprendizaxe con sentido). Calquera outra aprendizaxe será puramente mecánica,
memorística, conxuntural: para aprobar un exame, etc. A aprendizaxe
significativa é unha aprendizaxe relacional (*). O sentido o da a relación do novo
coñecemento con: coñecementos anteriores, con situacións reais, coa propia
experiencia, etc. (Juan E. León).
A competencia é un conxunto articulado e dinámico de coñecementos,
habilidades, actitudes e valores que forman parte activa no desempeño
responsable e eficaz dunha actividade dentro dun
contexto determinado. Unha persoa é competente nunha actividade cando ten os coñecementos necesarios, sabe poñelos en
práctica, esta disposta a facelo e acada un bo resultado nesa actividade. É unha combinación de 3 elementos:
- As habilidades requiridas para realizar unha actividade: “saber facer”.
- O conxunto de coñecementos necesarios para o seu desenvolvemento: “saber”.
- A actitude orientada a súa realización e a obtención dun resultado axeitado e eficiente: “querer facer” e “facelo ben e de xeito eficiente”.
(*) Ollo...unha aprendizaxe significativa é funcional, pero non ten porque ser necesariamente boa. De feito, as persoas no seu proceso educativo adquiren certas aprendizaxes significativas que non son útiles, cando non claramente negativas, para a obtención dun resultado eficiente e para a propia competencia personal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario