Chegou o día e chegou a romaría...a festa dos xardíns!!! Cunha dobre finalidade: unha endogámica, a de gozar do resultado noso traballo, e outra aperturista ou universal, a de convidar a todo o mundo a gozar da beleza efémera destes xardíns, que só viviran uns meses pero permaneceran no recordo de moitos.
Estou moi contento dos xardíns deste ano, todos de nivel, moi profesionais...que é do que se trata. Cando se teñen ideas e se traballa para poñelas en práctica o resultado é gratificante. Sinceros parabéns a todos/as.
Ver álbum fotos
Sixto Rodríguez - Can´t Get Away
*Nesta edición o xurado técnico estívo formado por: Pedro López de Viveiros Xabarís, Victor Reboreda de Princess Jardineros e Alfredo Ramiro de Raíces de Galicia. Grazas por participar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario