Este ano 2013 obtiveron, no marco da Garden Tourism Conference celebrada en Toronto (Canada), o premio ao Festival of the Year na categoría de International Garden Tourism Awards. Este premio pon en evidencia a gran contribución que ten este Festival no desenvolvemento do turismo ligado aos xardíns (na edición de 2012 recibiu 100.000 visitantes). Tamén é un recoñecemento ao traballo, ao longo destes nove anos, en prol da arte do xardín e na difusión de formas creativas e innovadoras de intervención no
espazo público.
Os futuros/as xardineiros e paisaxístas do CM-Xardinaría e Floraría e do CS-Paisaxísmo e Medio Rural
Outros festivais:
Festival Internacional de Xardíns de
Allariz . Este festival está creado a imaxe e semellanza do de
Ponte de Lima, o que non o desmerece para nada, é intelixente copiar aquelas
cousas que "valen a pena" (a do
ano que ven será a 5ª edición).
Festival
International des Jardins Domaine de Chaumont-Sur-Loire ,
en Francia (*). Celébrase dende 1992, e está consolidado a nivel
internacional como un dos eventos máis importantes no ámbito do paisaxismo,
onde se amosan as últimas tendencias en parques e xardíns.
(*) Situado a uns 200
Km ao sur de París, entre as cidades de Tours e Blois.
Garden
Festival des Jardins de Métis , en Canada. Este festival celébrase
anualmente dende o ano 2000 na rexión de Quebec, nos Jardins Reford (*). É un dos concursos
internacionais de deseño de xardíns efémeros máis importantes de América, e do
mundo; está organizado pola Fondation
de Jardins de Métis, entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é a creación, exposición e promoción de
xardíns contemporáneos. A diferenza de outros festivais similares, as propostas son de tema libre,
quedando a criterio dos participantes.
(*) Os xardíns de
Reford son sitio histórico Nacional. Antigo coto de pesca dunha rica familia, a
partir de 1926 engadíronselle grandes xardíns, por vontade de Elsie Reford,
ávida xardineira e coleccionista de plantas.
Unha mención aparte, xa que non é un festival de xardíns efémeros, merece Keukenhof , en Holanda (*). É un extenso parque de máis de 32 hectáreas, un
culto as flores bulbosas, especialmente aos tulipáns; sen dúbida Keukenhof é un dos xardíns máis bonitos do mundo. So está aberto ao público dende mediados de marzo a finais de maio, coincidindo coa floración dos tulipáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario