Xeralmente este concepto aplícase as especies que medran nos cultivos. As malas herbas caracterízanse pola sua alta capacidade de dispersión, gran persistencia e por ser moi competitivas.
Un concepto próximo ao de mala herba é o de planta invasora: ésta é una especie exótica con grande capacidade de expansión e que chega a alterar os ecosistemas naturais dun territorio, moitas veces desprazando á flora autóctona. Algunhas desas especies invasoras son malas herbas. Poden proceder de plantas cultivadas como ornamentais o tratarse de plantas presentes accidentalmente en outros cultivos (Pennisetum setaceum, Pennisetum clandestinum, Helianthus tuberosus, Cortaderia spp, Arundo donax, Tradescantia fluminensis...). Ver catálogo de especies exóticas invasoras.
Outro termo que podemos escoitar é o de Planta ruderal (do latín ruderis , "entullo") é unha planta que aparece en hábitats alterados pola acción do ser humano, como as marxes dos camiños ou zonas urbanas. Tratase habitualmente de herbas anuais o bianuais de corta vida, pero con tasas de crecemento e de produción de sementes moi altas, e por iso mesmo cunha distribución xeográfica ampla. (margaritas, trevos, papoulas, bromos, senecio, estramonio, avea loca,...). ver artigo ruderais.
Contolar as malas herbas é un dos traballos máis importantes na implantación e mantemento de céspedes. Para controlar as malas herbas no xardín terás que seguir tres puntos básicos: coñecelas, previlas e eliminalas!!!
Semilla negra - versión Marlango
Ningún comentario:
Publicar un comentario