A agua é un potente elemento visual no xardín. Da sensación de paz, serenidade, frescor...
Nos dous seguintes videos amósasen os pasos a seguir para instalar un estanque, neste caso da casa Checa HEISSNER, a voz en off do video está en Checo (supoño).
Instalación dun estanque con lámina flexible
Instalación dun regato e estanque prefabricado de plástico ríxido
28/10/10
26/10/10
Programas utiles para descargar
Aqui vos deixo os links para descargar o virtual plant, é como unha base de datos de prantas bastante amplia é moi interesante. Tamén vos deixo o link do Deamon tools (emulador de disco) que vos fai falla para facer funcionar o programa.
Autoarq y paisajísmo: http://www.taringa.net/posts/downloads/1164022/Disena-tu-jardin--AutoArq-Paisajismo--_Cad_.html
Deamon Tools: http://daemon-tools.softonic.com/
Penso que han de funcionar, pero se non funcionan os links ou os programas avisade.

20/10/10
Principios parcela Nº3
Aqui empezamos o noso proxecto de xardin. Primeiro desbrozamos, logo recollemos os materiais (casca de piñeiro, grava, lonas, pedras, tubos de riego etc.) e despois sachamos toda a capa de arriba para arrincar as malas herbas, cargamos o chimpín e para o composteiro. Rematamos desfacendo a charca e o montículo que tiña o lado. E por hoxe xa nos chegou.
Traballos preliminares II
Despois de desbrozar as malas herbas, desmontar e acopiar os elementos dos xardíns anteriores; anchanzamos o terreo. E estes últimos días aproveitamos que non choveu e a terra ten lentura para laboreala: pase de descompactador e arado.
Etiquetas:
maquinaria,
preparación terreo,
traballos previos,
xardíns temporais
Traballos preliminares nos xardíns
Durante estas primeiras semanas do curso estivemos a traballar na limpeza e desmontaxe dos restos dos xardíns do curso anterior, e no acondicionamento do terreo.
Aí tedes unhas fotos dos traballos preliminares dos distintos grupos:
Xardín 1
Aí tedes unhas fotos dos traballos preliminares dos distintos grupos:
Xardín 1
08/10/10
Festival Internacional de Xardíns de Allariz

En Allariz a beira do río Arnoia ata o 30 de outubro celébrase un festival de xardíns efímeros, ao estilo do que se fai en Ponte de Lima.
Os xardíns destes concursos son moi "de autor" e non son un bó exemplo de xardíns funcionais, pero que lles botedes un vistazo na web non está de máis.
http://festivaldexardins.allariz.com/
07/10/10
Maquinaria polivalente
Estes días que andamos a traballar cunha minipala podedes apreciar a utilidade que ten este tipo de máquinas na xardinería e na construcción en xeral. Son moi polivalentes, xa que permiten cambiar de implemento (non en toda-las marcas e modelos): pala, retroexcarvadora, transpalet, desbrozadora, barredora, etc. A que temos alugada é unha MZ IMER 150.
Hainas máis pequenas. A casa finlandesa AVANT fabrica cabezas tractoras de pequeno tamaño con multitude de implementos. Este tipo de máquinas son moi interesantes tanto para a implantación do xardín coma no seu mantemento. Son áxiles, lixeiras e doadas de transportar; ideais para traballar en pequenos espazos...Ogalla tiveramos unha.
Video da AVANT Serie 400 traballando con distintos implementos:
O distribuidor para España es RIVERSA
06/10/10
Mobiliario xardín
Outras creacións do curso de xardineiro do Plan AFD para o mobiliario de xardín da Granxa:
Mesa-banco rústico tipo área recreativa/forestal
18-06-10
probandoo: Carlos, Marcos, Bibiana e Antonio.
A mesa na zona dos carballos e o cabazo

Banco de xardín, similar a un modelo da casa finlandesa Lappset (e con este xa temos 3)

Restauración dos bancos de obra (2)

04/10/10
Remate adoquinado
Outra obra, pola que xa pasaron varios cursos, que se rematou foi o adoquinado da porta da capilla.
03/10/10
Curso xardinería do Plan AFD
Este ano cos alumnos/as do curso de xardinería do Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados; antes Formación e Inserción Profesional) oficialmete: Curso 2010-2593 "Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes" (antes xardinería, pero debíalles semellar un nome demasiado sinxelo)...pois ben, dentro da UF-2 Operacións para a instalación de xardíns, bla,bla...decidinme a facer unha obra de certa envergadura que tiña aparcada: A transformación dunha zona de paso nunha zona de estar (a sombra), mantendo a vexetación e xogando co desnivel, e sen corta-lo paso existente.
A solución adoptada foi a construcción dunha gran tarima de madeira tratada a dous niveis, con escalóns e unha árbore no medio.
...foron moitas horas de traballo pero por fin rematámo-la.
30-09-10
Foto de grupo posando na flamexante tarima. De arriba a baixo e de esquerda a dereita: Antonio, Paz, Hortensia, Sara, Carlos, Cristian, Patricia, José María, Eu, Marcos, Ivan e Mónica. Faltan: Beatriz e Daniel...e tamén estiveron: Bruno, Tais e Bibiana.
Estou moi contento co resultado final, penso que quedou moi ben proporcionada e rematada. Noraboa a todos/as
O antes:

E o despois:

E a continuación podedes ver unha serie de fotos que ilustran a evolución das obras:
PD. A madeira é moi empregada dentro das construccións e mobiliario dos xardíns. É un material nobre, bonito e doado de traballar.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)