Despois de desbrozar as malas herbas, desmontar e acopiar os elementos dos xardíns anteriores; anchanzamos o terreo. E estes últimos días aproveitamos que non choveu e a terra ten lentura para laboreala: pase de descompactador e arado.
Xa no taller: limpamos e clasificamos o material de rega recuperado. Con isto rematamos esta fase de traballos previos.
Agora hai que traballar no deseño dos novos xardíns e facer o proxecto de implantación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario