Este ano cos alumnos/as do curso de xardinería do Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados; antes Formación e Inserción Profesional) oficialmete: Curso 2010-2593 "Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes" (antes xardinería, pero debíalles semellar un nome demasiado sinxelo)...pois ben, dentro da UF-2 Operacións para a instalación de xardíns, bla,bla...decidinme a facer unha obra de certa envergadura que tiña aparcada: A transformación dunha zona de paso nunha zona de estar (a sombra), mantendo a vexetación e xogando co desnivel, e sen corta-lo paso existente.
A solución adoptada foi a construcción dunha gran tarima de madeira tratada a dous niveis, con escalóns e unha árbore no medio.
...foron moitas horas de traballo pero por fin rematámo-la.
30-09-10
Foto de grupo posando na flamexante tarima. De arriba a baixo e de esquerda a dereita: Antonio, Paz, Hortensia, Sara, Carlos, Cristian, Patricia, José María, Eu, Marcos, Ivan e Mónica. Faltan: Beatriz e Daniel...e tamén estiveron: Bruno, Tais e Bibiana.
Estou moi contento co resultado final, penso que quedou moi ben proporcionada e rematada. Noraboa a todos/as
O antes:
E o despois:
E a continuación podedes ver unha serie de fotos que ilustran a evolución das obras:
PD. A madeira é moi empregada dentro das construccións e mobiliario dos xardíns. É un material nobre, bonito e doado de traballar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario