O
sistema diédrico é un método de representación xeométrico dos elementos do espazo tridimensional sobre un plano, é dicir, a redución das tres dimensións do espazo ás dúas dimensións do plano, empregando a
proxección ortogonal
sobre dous planos que se cortan perpendicularmente. Para xerar as
vistas diédricas, uno dos planos abatese sobre o outro.
Este método consiste en obter a
imaxe dun obxecto (en planta e alzado), mediante a proxección de feixes perpendiculares a dous planos principais de proxección, horizontal
(PH) e vertical (PV). O obxecto queda representado pola súa vista superior
-PLANTA- (proxección no plano horizontal) e a súa vista frontal
-ALZADO-
(proxección no plano vertical); tamén pódese representar a súa vista lateral, como
proxección auxiliar -ALZADO LATERAL-.
Un
plano en planta dun xardín amosa unha vista dende arriba, tal e como se vería ao sobrevoalo, pero
sen distorsións de perspectiva. Acompañando ás
plantas (ou
seccións horizontais), empréganse tamén planos de sección vertical, denominados
secciones ou
planos de sección. No caso das construcións ou edificacións, tamén se empregan
planos de alzado, que amosan o seu aspecto exterior (sen seccionalas).
Todos este planos represéntanse a ESCALA. As máis empregadas son; en xardíns pequenos; 1:50, 1:100, 1:200, e no caso de parques ou zonas verdes grandes: 1:300 e 1:500.