Xa que non podemos rematar a xogada; imos lembrar os pasos a seguir para realizar unha soleira de formigón:
- Marcamos a superficie no terreo.
- Abrimos a caixa (burato).
- Botamos unha capa de grava (aprox 10 cm) e compactámola.
- Sobre esta cimentación colocamos unha malla electrosoldada (separámola uns centímetros da grava).
- Marcamos con cordeis, ben tensos, a alineación e a pendente dos bordes.
- Realizamos o encofrado de madeira dos bordes seguindo as alineacións e pendentes. Para marcar as pendentes e nivelacións valémonos dun nivel de burbulla ou un de auga (de mangueira).
- Vertemos o formigón sobre a caixa (aprox 10 cm).
- Nivelamos a superficie valéndonos dunha regra (de aluminio) que apoiamos no encofrado (que xa previamente niveláramos coa pendente desexada). Movemos alternativamente a regra, de adiante atrás, ata que a superficie do formigón queda perfectamente lisa.
- Desencoframos unha vez que o formigón fraguou e endureceu (aprox aos 3 días, aínda que a resistencia máxima alcánzase aos 30 días). E fin do proceso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario