...Alá polo ano 600 a. C., Nabucodonosor II, rei dos Caldeos, quixo facer a súa esposa, Amytis, un presente que amosara o seu grande amor por ela e lle recordara as fermosas montañas da súa frondosa terra natal, tan diferente das grandes chairas de Babilonia, bla, bla, bla...sempre o mesmo rollo do amor: Este tipo de obras "faraónicas" son propias de monarcas megalómanos que queren amosar o seu poderío ao mundo.
O de "colgantes" é porque estaban dispostos en terrazas elevadas soportadas por columnas. Estas terrazas enchíanse de terra para permitir a plantación de árbores e plantas de gran tamaño.
Unha pintura do século XVI dos Xardíns Colgantes de Babilonia. Ao fondo a Torre de Babel...ou a Cidade da Cultura, non se distingue ben.
Boney M. -
Ningún comentario:
Publicar un comentario