27/06/19

Fotos xardineiros/as 2019

Posando nos novos xardíns, despois do traballo.
Parabens, saúde e sorte.








Desculpen a tardanza...
...estamos traballando (pouco) para subir máis fotos



24/06/19

Mobiliario de Xardín

Ultimamente o nivel de bancos en Galicia está moi alto...

...Nós este ano fixemos dúas unidades do noso clásico modelo, en madeira de piñeiro, tipo "Lappset"...



...E como novidade tamén fixemos outro modelo, de diseño minimalista, en formigón; que pode instalarse en solitario, ou funcionar coma un módulo en distintas agrupacións.




...E tamén reciclamos unhas xardineiras (de anteriores xardíns efémeros) e as instalamos, coma hibrido entre mobiliario urbano e sinal de tráfico, na zona de entrada ao parking.


01/01/19

Aninovo




10/12/18

Colocación de tepe



Pese as choivas cumprimos prazos e plantamos o tepe con rapidez e cun acabado razonable, tendo en conta na lameira na que traballamos. Ben feito!!
Ver albúm de fotos da colocación do tepe
Ver guía práctica para plantar tepes de cespede/ Zulueta

Chaka Khan - Like Sugar

03/12/18

Galicia Skills 2018

Parabens para os alumnos do CM de Xardinaría e Floraría: Rosa María Alonso Cantalapiedra e Juan Enrique Iglesias Álvarez, que veñen de acadar unha máis que merecida MEDAIA DE PRATA na categoría de "Xardinaría paisaxística" no campionato GaliciaSkills 2018, celebrado en Silleda os días 28 e 29.

https://photos.app.goo.gl/mpJgKYikzqX7qNAH6
Noraboa polo esforzo e o traballo realizado.
Ver máis fotos

Jain - Lil Mama

19/10/18

II Xornadas de Xardinaría Galaico-Portuguesas


Asistimos, convidados por AGAEXAR ás "II Xornadas de Xardinería Galaico-Portuguesas" celebradas o 19 de outubro en Allariz e organizadas pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), a Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente (ANEFA) de Portugal, e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar).

A temática destas II Xornadas foi sobre "Paredes verticais e cubertas axardinadas", e os relatores foron: Dani Lacueva Falcó (Director Técnico de Babilon S.L, e Vicepresidente de ASESCUVE), Enric Sancho (Director Técnico de Cultidelta S.L.), Rui Reis (Arquitecto Paisajista), Filipa Mateus De Almeida (Enxeñeira Agrónoma) e Paulo Palha (Enxeñeiro Agrónomo).

Despois fomos visitar a IX edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, este ano o tema era "Erotismo no xardín".

https://photos.app.goo.gl/JE1jqEM2qZeVfRru8
Fai clik aquí para ver máis fotos

The girl from Ipanema

15/06/18

Fotos xardineiros 2018

Posando orgullosos e satisfeitos despois de rematar o traballo, coma debe ser.
Parabens, saúde e sorte.

Buscando a Superfama - Heredeiros da Crus

Xardíns 2018

Estés son os 2 xardíns efémeros edición 2008 creados polos alumnos/as de 1ºcurso

Xardín 1
Xardín 2

Se queres ver máis fotos destes xardíns pica neste enlace: Albúm Festival de Xardíns 2018

Se queres ver fotos do proceso de creación destes xardíns pica neste enlace: Albúm Traballos Xardíns 2018

Stronger than me - Amy Winehouse

30/05/18

Renovación céspede

As malas herbas nos céspedes son sempre un problema, e cada vez dispoñemos de menos herbicidas autorizados para o seu uso en céspedes recreativos; o que implica que si temos un céspede moi invadido de malas herbas interesa renovalo na sua totalidade.
Pero en moitos casos non é necesario empezar de cero laboreando novamente o terreo (OLLO: Si é necesario no caso dunha superficie mal nivelada, con pochancas e zonas de enchoupadas, problemas de drenaxe, etc). Na maioria dos casos pode ser suficiente con eliminar a totalidade das herbas existentes cun herbicida total, e despois retirar os restos vexetais deixando o chan o máis limpo posible. Xusto despois sementamos coa fórmula elexida, regamos, esperamos e....listo

Picar para ver albúm fotos renovación céspede

Dire Straits - Sultans Of Swing Gayageum version by Luna

13/04/18

A árbore das ideas

Estupendo traballo realizado polo 2ºcurso de FPB baixo atenta dirección da profesora Barbara Carballal. Mola mazo.

Ma Quale Idea - Pino D'Angiò