27/02/12

Excelentísimo Xardín Castelo de Soutomaior

Os Xardíns do Castelo de Soutomaior veñen de acadar o recoñecemento como "Xardín de Excelencia Internacional" otorgado pola Sociedade Internacional da Camelia, SCI (non confundir co CSI) no seu último congreso celebrado Chuxiong na China *.
Con este recoñecemento, Soutomaior convertese no primeiro xardín de España e o sétimo de Europa en acadar tal distinción. Noraboa, a tamén excelentísima, Deputación de Pontevedra.

* Pontevedra será sede do Congreso Mundial da Camelia no 2014.
Tres mostras das máis de 300 variedades que conforman unha das millores colecións de Camelias do mundo.
Fotos da visita do pasado decembro.
 

13/02/12

Frío

-5,5 ºC de temperatura mínima na madrugada do día 12, e hoxe -4,4 ºC. Son datos da estación metereolóxica situada na propia Granxa. brrrr brrrr
Estación agrometereolóxica A Granxa da rede de MeteoGalicia.

Alarma - Frío

01/02/12

Filtro para estanques















Si queremos ter no xardín un estanque de augas "cristalinas" hai que evitar ou reducir a proliferación de algas; que son as que basicamente enturbian a auga. Temos varias opcións (ou mellor empregalas todas):
  • Sombrear: Situar o estanque en zona de semisombra (as algas gustalle o sol). Empregar plantas flotantes axudando a sombrear a auga.
  • Osixenar: Os movementos de auga provocados por fervenzas, fontes ou chafarices son moi beneficiosos porque aportan osíxeno. A maiores niveis de osíxeno na auga menos algas. Incluír plantas osixénantes: absorben os minerais da descomposición da materia orgánica, o CO2 dos peixes e liberan osíxeno. Como Ceratophyllum e Elodea, pero OLLO! Moito coidado coas plantas acuáticas, xa que soen ser moi invasoras, e se pasan do noso estanque ou medio natural, provocan graves alteracións nos ecosistemas.
  • Filtrar: Empregar filtros biolóxicos para filtrar a auga do estanque e extraer as algas e demais materia orgánica. Ímonos deter neste punto.

Nestes enlaces podedes ver uns vídeos explicativos de como construír un filtro biolóxico caseiro para o estanque.

http://youtu.be/vUt7Lrtq8TM





Nota: Basicamente os filtros comerciais son iguais, pero moito mellor fabricados. No caso de estanques con peixes, poden incluír lámpadas UV; para eliminar microorganismos e previr enfermidades.

Plantas acuáticas

As plantas acuáticas, como o seu nome indica, son plantas adaptadas a medios moi húmidos ou acuáticos (lagoas, estanques, charcas, estuarios, pantanos, ribeiras, etc).

A nivel práctico podemos clasificalas en catro grupos e un quinto adicional, que sen ser acuáticas son recomendables para situar próximas a un estanque. Estes son os grupos:
  • De augas profundas (40-90 cm): Nymphaea (nenúfares), Nelumbo (flor de loto) e Nymphoides
  • Flotantes: Flotan na superficie e as súas raíces están soltas dentro da agua. Eichhornia crassipes (Xacinto de auga), Pistia stratiotes (Leituga de auga), Lemna minor (Lentella de auga), ...
  • Osixenadoras: Estas plantas non teñen unha función decorativa no estanque (non así nos acuarios), serven para mantela auga clara: Elodea canadensis, Ceratophyllum demersum, Myriophyllum verticillatum, Ranunculus aquatilis, ...
  • De ribeira ou palustres: Aportan naturalidade ao conxunto ao facer de transición entre o estanque e o xardín. Necesitan ter as raíces na auga; sitúanse nas zonas pouco profundas do estanque (en terrazas ou chanzos dos bordes dispostos para esta finalidade): Acorus calamus, Iris pseudacorus (Lirio amarillo), Arum italicum (Aro), Caltha palustris, Pontederia cordata (Pontederia), Zantedeschia aethiopica, Cyperus papyrus (Papiro), ...
  • Para cerca do estanque: especies que gustan de solos húmidos: Astilbe arendsii, Bambúes, Fieitos, Hemerocallis, Lobelias, Lythrum, Myosotis, Primulas, ...No caso de estanques moi grandes, tamén árbores: Alnus glutinosa (Ameneiro), Salix sp (Salgueiros), Taxodium distichum (Ciprés dos pantanos).
O problema é que moitas das plantas acuáticas non son doadas de conseguir. Nos centros de xardinaría soen ter a venda só 3 ou 4 especies (Existen viveiros especializados en plantas acuáticas). 

Máis información en http://articulos.infojardin.com/acuaticas/especies-plantas-acuaticas.htm

Nenufar solitario de Pepín Tre e Faemino, do disco 18 boleros chulos