21/12/10

Traballos nos xardíns efemeros I

Ben xardineiros, xa chegamos ao remate do primeiro trimestre.
Bo nadal a todos.

Bo momento para facer balance dos traballos de implantación realizados neste 1º trimestre:

Xardín 1


Xardín 2


Xardín 3


Xardín 4

13/12/10

Resolución suposto rega por difusores

Xa tedes colgado en web zona_xardin a solución (unha delas*) "paso a paso" do problema ou suposto práctico de rega dun céspede mediante difusores da proba do 10-12-10.
ver solución
(*)poden existir varias solucións válidas

27/11/10

Planos do xardin da Parcela Nº3

Aqui estamos pouco a pouco cara adiante e aclarando ideas, xa temos a mayoría dos planos feitos, pero todabía nos queda algún retoque:

09/11/10

Prezos material de rega

Para que vaiades tomando contacto cos distintos elementos dunha instalación de rega, e cos prezos (importante), eiqui tedes un catálogo en pdf da casa TORO*. Son os prezos que ides empregar para o orzamento do proxecto de implantación que estades a realizar.

Lista prezos REGA 2010

Se queredes podedes empregar a do 2009, é máis antiga pero máis didáctica (trae máis fotos e explicacións).

Lista prezos REGA 2009

*O distribuidor nacional de TORO é RIVERSA é o de zona COVELO RIEGOS

28/10/10

Instalación de estanque

A agua é un potente elemento visual no xardín. Da sensación de paz, serenidade, frescor...

Nos dous seguintes videos amósasen os pasos a seguir para instalar un estanque, neste caso da casa Checa HEISSNER, a voz en off do video está en Checo (supoño).

Instalación dun estanque con lámina flexible


Instalación dun regato e estanque prefabricado de plástico ríxido

26/10/10

Programas utiles para descargar

Aqui vos deixo os links para descargar o virtual plant, é como unha base de datos de prantas bastante amplia é moi interesante. Tamén vos deixo o link do Deamon tools (emulador de disco) que vos fai falla para facer funcionar o programa.

Autoarq y paisajísmo: http://www.taringa.net/posts/downloads/1164022/Disena-tu-jardin--AutoArq-Paisajismo--_Cad_.html

Deamon Tools: http://daemon-tools.softonic.com/

Penso que han de funcionar, pero se non funcionan os links ou os programas avisade.

20/10/10

Principios parcela Nº3

Aqui empezamos o noso proxecto de xardin. Primeiro desbrozamos, logo recollemos os materiais (casca de piñeiro, grava, lonas, pedras, tubos de riego etc.) e despois sachamos toda a capa de arriba para arrincar as malas herbas, cargamos o chimpín e para o composteiro. Rematamos desfacendo a charca e o montículo que tiña o lado. E por hoxe xa nos chegou.

Traballos preliminares II

Despois de desbrozar as malas herbas, desmontar e acopiar os elementos dos xardíns anteriores; anchanzamos o terreo. E estes últimos días aproveitamos que non choveu e a terra ten lentura para laboreala: pase de descompactador e arado.



Xa no taller: limpamos e clasificamos o material de rega recuperado. Con isto rematamos esta fase de traballos previos.

Agora hai que traballar no deseño dos novos xardíns e facer o proxecto de implantación.

Traballos preliminares nos xardíns

Durante estas primeiras semanas do curso estivemos a traballar na limpeza e desmontaxe dos restos dos xardíns do curso anterior, e no acondicionamento do terreo.

Aí tedes unhas fotos dos traballos preliminares dos distintos grupos:

Xardín 1


Xardín 2


Xardín 3


Xardín 4


Xardín 5 (sen adxudicar)

08/10/10

Festival Internacional de Xardíns de Allariz


En Allariz a beira do río Arnoia ata o 30 de outubro celébrase un festival de xardíns efímeros, ao estilo do que se fai en Ponte de Lima.

Os xardíns destes concursos son moi "de autor" e non son un bó exemplo de xardíns funcionais, pero que lles botedes un vistazo na web non está de máis.

http://festivaldexardins.allariz.com/

07/10/10

Maquinaria polivalente



Estes días que andamos a traballar cunha minipala podedes apreciar a utilidade que ten este tipo de máquinas na xardinería e na construcción en xeral. Son moi polivalentes, xa que permiten cambiar de implemento (non en toda-las marcas e modelos): pala, retroexcarvadora, transpalet, desbrozadora, barredora, etc. A que temos alugada é unha MZ IMER 150.

Hainas máis pequenas. A casa finlandesa AVANT fabrica cabezas tractoras de pequeno tamaño con multitude de implementos. Este tipo de máquinas son moi interesantes tanto para a implantación do xardín coma no seu mantemento. Son áxiles, lixeiras e doadas de transportar; ideais para traballar en pequenos espazos...Ogalla tiveramos unha.
Video da AVANT Serie 400 traballando con distintos implementos:

O distribuidor para España es RIVERSA

06/10/10

Mobiliario xardín

Outras creacións do curso de xardineiro do Plan AFD para o mobiliario de xardín da Granxa:

Mesa-banco rústico tipo área recreativa/forestal
18-06-10
probandoo: Carlos, Marcos, Bibiana e Antonio.

A mesa na zona dos carballos e o cabazo


Banco de xardín, similar a un modelo da casa finlandesa Lappset (e con este xa temos 3)


Restauración dos bancos de obra (2)

04/10/10

Remate adoquinado

Outra obra, pola que xa pasaron varios cursos, que se rematou foi o adoquinado da porta da capilla.

Antes:
29-04-09

Agora: A mellora estética é máis que notable.
26-05-10

Aí van as fotos da última quenda de traballo.


PD. Xa hai outra entrada neste blog onde aparecen máis fotos, co inicio da obra.

03/10/10

Curso xardinería do Plan AFD

Este ano cos alumnos/as do curso de xardinería do Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados; antes Formación e Inserción Profesional) oficialmete: Curso 2010-2593 "Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes" (antes xardinería, pero debíalles semellar un nome demasiado sinxelo)...pois ben, dentro da UF-2 Operacións para a instalación de xardíns, bla,bla...decidinme a facer unha obra de certa envergadura que tiña aparcada: A transformación dunha zona de paso nunha zona de estar (a sombra), mantendo a vexetación e xogando co desnivel, e sen corta-lo paso existente.

A solución adoptada foi a construcción dunha gran tarima de madeira tratada a dous niveis, con escalóns e unha árbore no medio.

...foron moitas horas de traballo pero por fin rematámo-la.
30-09-10
Foto de grupo posando na flamexante tarima. De arriba a baixo e de esquerda a dereita: Antonio, Paz, Hortensia, Sara, Carlos, Cristian, Patricia, José María, Eu, Marcos, Ivan e Mónica. Faltan: Beatriz e Daniel...e tamén estiveron: Bruno, Tais e Bibiana.

Estou moi contento co resultado final, penso que quedou moi ben proporcionada e rematada. Noraboa a todos/as

O antes:


E o despois:


E a continuación podedes ver unha serie de fotos que ilustran a evolución das obras:


PD. A madeira é moi empregada dentro das construccións e mobiliario dos xardíns. É un material nobre, bonito e doado de traballar.

30/09/10

Grupos de traballo xardins temporais

Este é o esquema para a identificación das parcelas dos xardíns temporais na finca de xardinaría. Este ano imos trocar a numeración, quedando do seguinte xeito:

O pasado día 21 constituimo-los distintos grupos traballo de implantación dos xardíns temporais e o sorteo de parcelas.

*Grupo/xardín nº1
- Ismael Miñan
- Javier Carbó
- Adrián Silva

*Grupo/xardín nº2
- Amancio Gómez
- Pablo Queiruga
- Daniel Argibay

*Grupo/xardín nº 3
- Cristian Rodríguez
- Carlos Groba
- Oscar Duran

O día 27 fórmase cas novas incorporacións un novo grupo.

*Grupo/xardín nº 4
- Arsenio Pérez
- Heitor Fernández
- Jonathan Prieto

28/09/10

Inicio curso

Ben, eiquí estamos outro ano máis, novo curso e novos alumnos.
Primeira foto de grupo do curso 2010-11
23-09-10

E outra do grupo case ao completo. Despois da faena, posando diante dun dos tractores históricos do Centro, o John Deere 2030 (co transpalet)
28-09-10

O longo do curso iremos colgando fotos da evolución dos xardíns dos distintos grupos de traballo.

24/06/10

Fin de curso

Ben, pois ata eiquí chegamos...sen tempo non era. Espero que aprendérades algo de implantación de xardíns.

Unha aperta a todos/as e bo vrao.

...ou se preferides un verano fatal


16/06/10

I Concurso de Xardíns Efémeros do CIFP A Granxa

E chegou o día...
de disfrutar do traballo feito e de falla-los premios.

Velaí tedes o albúm de fotos (*) do acontecemento.
(*)Tomeime a licenza de "tunear" algunhas fotos para que o resultado se parecese o que se tería que pacecer.



O evento tivo, penso, unha boa acollida e moita participación. Así que esperamos repetilo en vindeiros anos; invitando ademáis a xente do sector da xardinaría e facendo unha xornadas de portas abertas...xa se verá.

E para rematar unha foto de grupo:

15/06/10

Preparativos concurso

Durante o que vai de ano, ao igual que os compañeiros do CS de Recusos Naturais, estivéchedes a traballar por grupos na execución duns xardíns temporais ou efémeros (a vindeira promoción fará outros). Ben, pois mañá poderedes pasearvos entre os distintos xardíns, falar cos seus creadores e finalmente votar polo que máis vós goste.

Sorte a todos/as

Últimos preparativos para o día do concurso de xardíns: acondicionamento camiños

10/06/10

Evolución dos traballos nos xardíns temporais II

Ben xardineiros, estamos chegando ao final do curso e a vindeira semán é a presentación dos xardíns en sociedade; e ata o de agora só hai un xardín rematado. Temos que bulir...e inda así.

A día de hoxe as cousas están tal que así:

Grupo 1


Grupo 2


Grupo 3


Grupo 4

09/06/10

Jardíns efêmeros - Ponte de Lima

Dende xa e ata o mes de outubro pódese visitar a 6ª edición do Festival Internacional de Jardins de Ponte de Lima. O tema desta edición é "Kaos no jardim"; e entre os doce xardíns participantes atópase Terramoto de Manuel Eijo e José Souto de ArteNatur.
Xa sabedes, unha boa ocasión para visita-la bonita vila de Ponte de Lima.

http://www.festivaldejardins.cm-pontedelima.pt/

01/05/10

Evolución dos traballos nos xardíns temporais

Ben, a cousa vai tomando forma e xa se empezan a ver resultados. Nas seguintes fotos podedes ver a evolución dos traballos de implantación dos distintos grupos.

Grupo 1


Grupo 2


Grupo 3


Grupo 4

Evolución implantación céspede II

Esta serie de fotos van do 12 de xaneiro ata o 07 de abril.

28/04/10

Zanxadora

Ola, xa estamos aquí de novo.
Nestes días que estamos a facer as gabias (zanxas) para colocar a tubería de rega desexaríamos ter unha zanxadora (en inglés trencher) coma a que aperece no video...pero non a temos, así que haberá que facer bola.

11/03/10

Estanque

Aí tedes dúas fotos do estanque moi diferentes:
no inverno durante un valeirado e limpeza,

e na primaveira, en todo o seu esplendor.

27/02/10

Video rega

Velaí un video dunha demostración de montaxe de rega por aspersión, protagonizado por un tal Fran Rodríguez (a ver si lle facedes máis caso que a mín), empregando materiais da casa RainBird.

09/02/10

Posado II

O outro día non tiña posados de tódolos grupos...ben, xa estamos todos. Replay: Os grupos 1 e 2 posan orgullosos...
Grupo 1

Grupo 2

06/02/10

Posado

Os grupos 3 e 4 posan orgullosos cas súas primeiras...realizacións

grupo 3

grupo 4

Ollo!! pedras

Están a vosa disposición pedras de granito de distintos tamaños, que poden ser moi útiles para os xardíns que estades a facer: rocallas, muretes, estanques... pero bulide, porque aínda que son pedras igual voan.
Como podedes ver na foto están xunto a caseta da zona de horta,

e si seguides camiño abaixo, atoparedes máis.

27/01/10

Visita Viveiros Adoa

O martes 26 fixemos unha visita formativa a viveiros Adoa, coa finalidade de axudarnos na elección do material vexetal dentro do proceso de deseño dos xardíns temporais (especies e variedades dispoñibles, tamaños e prezos).

O grupo en actitude de descanso,
e de volta a Granxa...cos deberes feitos?

Agasalláromos cuns (11) Antirrhinum majus (Boca de dragón), hai que coidar os clientes.

Curiosidades: Adoa ten na súa superficie de exposición planta grande e moi grande...para grandes orzamentos.
Ilex crenata Macrobonsai_6.550 euros

Ceratonia siliqua (Algarrobo)_3.690 euros

Grupos traballo xardíns temporais

Esquema para a identificación das parcelas dos xardíns temporais na finca de xardinaría:

Grupos proxecto/implantación xardíns temporais (Sorteo de parcelas o 19/01/10):

*Parcela nº 1_Libre

*Parcela nº 2_Grupo nº 1
-Adrian Portas Monteagudo
-Alejandro Losada Martínez
-Mª Carmen Costas Piñeiro

*Parcela nº 3_Grupo nº 2
-Lucía Gómez Barcia
-Carla Costas Cruz
-Tomás Númez Rodríguez
-Maruxa Fernández Martínez

*Parcela nº 4_Grupo nº 3
-Carla González Montenegro
-Miguel A. Cerqueira Rodríguez
-José Carlos Carrera Rocha
-Diego Sanchez Souto

*Parcela nº 5_Grupo nº 4
-Fernando D. Costas Costas
-Artur Rodríguez Olveira
-Samuel Domínguez Montes
-Iago Pardavila González

22/01/10

Especies axardinamento contorno escaleira

Xa que estamos cos elementos vexetais (as plantas) a voltas; velaí tedes as fotos das especies que empregamos no axardinamento do contorno da escaleira.

Xardín de cogomelos

Que vós parece esta rotonda...mola

19/01/10

Drenaxe embozado

Como poidestes ver a drenaxe do campo deportivo está atoada. Hai que limpar os pozos e as conduccións. Como? aspirando coa cisterna de purín e introducindo polas conduccións mangueiras con auga a presión ou guías.

Materiais construcción dispoñibles

Nas seguintes fotos podedes ver os distintos materiais de construcción dispoñibles para a implantación dos xardíns temporais. No caso de necesitar doutros intentarémolos mercar (dentro do orzamento). Pode ser interesante dispoñer de serrín, areas coloreadas, casca de piñeiro, mallas anti-herbas e plásticos ou láminas impermeables.

12/01/10

Evolución implantación céspede

Ben, xa van dous meses dende que sementamos o céspede do campo deportivo. O tempo (climatolóxico) non nós acompañou nada, chuvia, máis chuvia, frío...we will survive. No seguinte albúm fotográfico podemos seguir o proceso ao longo deste tempo. Como vedes, a cousa xa vai tomando corpo.