21/12/11

Bo nadal

Felices festas xardineiros

O bichero. L. Davila



 






Siniestro Total - A funfún, a fanfán

20/12/11

Fieitos arborescentes


A orde Dicksoniales inclue fieitos de tipo arborescente de grandes frondes (o equivalente as follas). Estes fieitos son os derradeiros descendentes dos que poboaron os bosques tropicais do Xurasico. Desta orde, en Galicia, só queda Culcita macrocarpa, en peligro de extinción, presente nas Fragas do Eume (*), e procedentes de Australia temos as especies: Cyathea cooperi e Dicksonia antartica, que son as que máis se ven nos xardíns. Están caracterizadas por un estipe (ou mal chamado tronco ergueito), o final do cal atópanse as frondes de gran tamaño, o que lles confire un aspecto similar as palmeiras.

Cycathea cooperi ten un único estipe de porte ergueito e delgado cuberto de escamas e rematado por un penacho de frondes. As frondes son bipinnadas, de 2-3 metros de longo, de cor verde claro, e escamas na base das frondes. Cando as frondes van vellas cúrvanse tocando o chan e rompense, por eso é recomendable podalas ao ras da estipe. O seu crecemento é rápido, superando o metro de estipe en 8-10 anos, podendo acadar os 4-5 metros nun espécime adulto. É un fieito bastante resistente ao frío. Como fieito que é, non gusta da exposición directa ao sol e prefire a semisombra. Unicamente propágase por esporas que xerminan en condicións moi específicas.

Os xardineiros posando baixo un bonito exemplar de Cycathea cooperi nos Xardíns do Castelo de Soutomaior.
Dicksonia antartica distínguese por ter un estipe groso (as veces presenta varios), tamén rematado por un penacho de frondes. As frondes son coriáceas, pinnadas, de ata dous metros, con pecíolos veludos e desprovistos de escamas. O seu crecemento é moi lento, tarda moitos anos en acadar os 2-3 metros de altura.
Dentro dos fieitos grandes tamén temos a Woodwardia radicans e Osmunda regalis, pero non presentan porte arbóreo.

(*) No parque natural Fragas do Eume están catalogadas 21 especies de fieitos.

13/12/11

Solución suposto rega


Serie de boquiñas de difusores, de arco variable e de distintos alcances.


Xa tedes pendurada a resolución do suposto de rega do exame. Non hai que tomala o pé da letra: os problemas reais de rega, e de moitas outras cousas, non son pechados e admiten varias solucións*.

pica na imaxe



















*Ollo, incluso hai xente que atopa varios problemas para cada solución. Ou inda peor, crea os problemas para logo propoñer solucións e "salvarnos".

Bob Marley and The Wailers - No More Trouble

e eiquí tedes unha revisión deste temazo polo colectivo Playing for change
http://youtu.be/fgWFxFg7-GU

02/12/11

Ground_Force & Zona_Xardín

Ground force (A Forza da Terra) é un programa da televisión británica (BBC) no que un equipo de xardineiros, capitaneados por Alan Titchmarsh, Charlie Dimmock e Tommy Walsh, "asalta" xardíns abandoados, en complicidade con familiares ou amigos das “víctimas”, e o transforman nun novo xardín adaptado aos condicioantes do terreo e ás preferencias dos propietarios. E todo en 48 horas. (Algo así, pero salvando distancias coma: "Esta casa era una ruina" ou "MTV Tuning").

É parecido ao queremos facer nós. A ver se vos vale de inspiración para abordar os vosos proxectos de axardinamento.
http://youtu.be/a5rKVIJzzRc
http://youtu.be/eXZn4Qr8E7w


Esta información saqueina de La Senda Luces, pasádevos por alí e podedes atopar outras interesantes entradas sobre xardinaría. Este é un blog do IES Luces (Asturias); centro co cal temos a medias un proxecto de innovación e transferencia tecnolóxica en compostaxe ver: blog innovaciónycompostaje.