23/04/13

Tepes

Os terróns (tepe; sod), son planchas ou tiras enrolladas de céspede. Prodúcense en explotacións especializadas(*) con fincas chairas sementadas de céspede das cales vanse extraendo as tiras empregando maquinaria específica conforme a demanda do mercado.

É un método que permite ter un céspede ao momento (adiantamos mes e medio) e de xeito sinxelo. A os poucos días xa enraizou na terra e pódese pisar. Ademaís contrólanse moito millor as malas herbas (unha ventaxa moi importante nas implantacións primaveirais).

ver agrocesped.com/que-son-los-tepes
ver agrocesped.com/preparacion-del-terreno-y-la-instalacion

Por outra banda os tepes teñen un gran inconvinte con respecto a sementeira: é un método moito máis caro. Si a superficie é pequena, a implantación de tepes pode ser moi interesante. Agora ben, en xardíns medios ou grandes, xa hai que estudar detidamente si paga a pena.

ver prezo m2 céspede tepe
ver prezo m2 céspede sementeira

11/04/13

High Line. New York

Un xardín? un paseo? unha rúa?... A High Line ten a simplicidade e a forza das boas ideas.

En Manhattan existía, dende o ano 1930, unha vía do tren elevada que atravesaba o borde oeste da illa. Dende 1980 estaba abandonada, era un esqueleto frío e oxidado. Durante anos quíxose reempregar e a mellor idea era convertela nunha zona verde. Hoxe en día é un dos lugares máis cool e contemporáneos nunha cidade repleta deles.



http://is-arquitectura.es/2009/06/12/parque-elevado-de-nueva-york/

Este espazo público é o resultado do empeño dos veciños que loitaron para que esas vías de tren tiveran unha nova vida. E quixeron que fora un espazo verde!!!

10/04/13

Crónica dunha sementeira

Na seguinte secuencia de fotos podemos seguir a cronoloxía dunha implantación de céspede por sementeira realizada na primavera de 2012.

https://photos.app.goo.gl/jutiounjzmtRg4WT8
Ver álbum fotos

Verdes são os campos - Jose Afonso

09/04/13

Céspede

Un céspede (lawn, grass) é unha superficie densamente cuberta por especies herbáceas da familia das gramíneas.

Cando a maioría dos mortais pensan nun xardín imaxinan unha superficie de céspede impoluto rodeada de masas arbustivas e árbores ou praderías infinitas (ao estilo do fondo de escritorio meadow do windows XP). Polo tanto: a implantación de céspedes como o seu mantemento, é unha das principais funcións dun xardineiro/a, e unha das máis problemáticas (malas herbas do demo, enfermidades, problemas coa rega,...).

Os céspedes poden estar compostos por unha soa, ou por varias especies de gramíneas, ou sexa unha mestura; sendo esta última a opción máis común. Para elixir a mestura (ou fórmula) de especies e variedades axeitada hai que ter en conta: o clima (atlántico, mediterráneo, continental), a exposición (sol, semisombra ou sombra) e o uso (ornamental, utilitario u deportivo).

Existen algunhas alternativas a implantación dun céspede coma son: as superficies de áridos (moi empregadas en xeroxardinaría) ou as plantas tapizantes (moi aconsellables para ribazos moi inclinados ou zonas sombrías).

Enlaces:
http://fichas.infojardin.com/cesped/lista-cesped-nombre-cientifico.htm
http://www.rocalba.com/pdfs/cespedes.pdf

Alright! - Supergrass