07/10/10

Maquinaria polivalente



Estes días que andamos a traballar cunha minipala podedes apreciar a utilidade que ten este tipo de máquinas na xardinería e na construcción en xeral. Son moi polivalentes, xa que permiten cambiar de implemento (non en toda-las marcas e modelos): pala, retroexcarvadora, transpalet, desbrozadora, barredora, etc. A que temos alugada é unha MZ IMER 150.

Hainas máis pequenas. A casa finlandesa AVANT fabrica cabezas tractoras de pequeno tamaño con multitude de implementos. Este tipo de máquinas son moi interesantes tanto para a implantación do xardín coma no seu mantemento. Son áxiles, lixeiras e doadas de transportar; ideais para traballar en pequenos espazos...Ogalla tiveramos unha.
Video da AVANT Serie 400 traballando con distintos implementos:

O distribuidor para España es RIVERSA

Ningún comentario:

Publicar un comentario