20/12/11

Fieitos arborescentes


A orde Dicksoniales inclue fieitos de tipo arborescente de grandes frondes (o equivalente as follas). Estes fieitos son os derradeiros descendentes dos que poboaron os bosques tropicais do Xurasico. Desta orde, en Galicia, só queda Culcita macrocarpa, en peligro de extinción, presente nas Fragas do Eume (*), e procedentes de Australia temos as especies: Cyathea cooperi e Dicksonia antartica, que son as que máis se ven nos xardíns. Están caracterizadas por un estipe (ou mal chamado tronco ergueito), o final do cal atópanse as frondes de gran tamaño, o que lles confire un aspecto similar as palmeiras.

Cycathea cooperi ten un único estipe de porte ergueito e delgado cuberto de escamas e rematado por un penacho de frondes. As frondes son bipinnadas, de 2-3 metros de longo, de cor verde claro, e escamas na base das frondes. Cando as frondes van vellas cúrvanse tocando o chan e rompense, por eso é recomendable podalas ao ras da estipe. O seu crecemento é rápido, superando o metro de estipe en 8-10 anos, podendo acadar os 4-5 metros nun espécime adulto. É un fieito bastante resistente ao frío. Como fieito que é, non gusta da exposición directa ao sol e prefire a semisombra. Unicamente propágase por esporas que xerminan en condicións moi específicas.

Os xardineiros posando baixo un bonito exemplar de Cycathea cooperi nos Xardíns do Castelo de Soutomaior.
Dicksonia antartica distínguese por ter un estipe groso (as veces presenta varios), tamén rematado por un penacho de frondes. As frondes son coriáceas, pinnadas, de ata dous metros, con pecíolos veludos e desprovistos de escamas. O seu crecemento é moi lento, tarda moitos anos en acadar os 2-3 metros de altura.
Dentro dos fieitos grandes tamén temos a Woodwardia radicans e Osmunda regalis, pero non presentan porte arbóreo.

(*) No parque natural Fragas do Eume están catalogadas 21 especies de fieitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario