01/02/12

Plantas acuáticas

As plantas acuáticas, como o seu nome indica, son plantas adaptadas a medios moi húmidos ou acuáticos (lagoas, estanques, charcas, estuarios, pantanos, ribeiras, etc).

A nivel práctico podemos clasificalas en catro grupos e un quinto adicional, que sen ser acuáticas son recomendables para situar próximas a un estanque. Estes son os grupos:
  • De augas profundas (40-90 cm): Nymphaea (nenúfares), Nelumbo (flor de loto) e Nymphoides
  • Flotantes: Flotan na superficie e as súas raíces están soltas dentro da agua. Eichhornia crassipes (Xacinto de auga), Pistia stratiotes (Leituga de auga), Lemna minor (Lentella de auga), ...
  • Osixenadoras: Estas plantas non teñen unha función decorativa no estanque (non así nos acuarios), serven para mantela auga clara: Elodea canadensis, Ceratophyllum demersum, Myriophyllum verticillatum, Ranunculus aquatilis, ...
  • De ribeira ou palustres: Aportan naturalidade ao conxunto ao facer de transición entre o estanque e o xardín. Necesitan ter as raíces na auga; sitúanse nas zonas pouco profundas do estanque (en terrazas ou chanzos dos bordes dispostos para esta finalidade): Acorus calamus, Iris pseudacorus (Lirio amarillo), Arum italicum (Aro), Caltha palustris, Pontederia cordata (Pontederia), Zantedeschia aethiopica, Cyperus papyrus (Papiro), ...
  • Para cerca do estanque: especies que gustan de solos húmidos: Astilbe arendsii, Bambúes, Fieitos, Hemerocallis, Lobelias, Lythrum, Myosotis, Primulas, ...No caso de estanques moi grandes, tamén árbores: Alnus glutinosa (Ameneiro), Salix sp (Salgueiros), Taxodium distichum (Ciprés dos pantanos).
O problema é que moitas das plantas acuáticas non son doadas de conseguir. Nos centros de xardinaría soen ter a venda só 3 ou 4 especies (Existen viveiros especializados en plantas acuáticas). 

Máis información en http://articulos.infojardin.com/acuaticas/especies-plantas-acuaticas.htm

Nenufar solitario de Pepín Tre e Faemino, do disco 18 boleros chulos

Ningún comentario:

Publicar un comentario