09/04/13

Céspede

Un céspede (lawn, grass) é unha superficie densamente cuberta por especies herbáceas da familia das gramíneas.

Cando a maioría dos mortais pensan nun xardín imaxinan unha superficie de céspede impoluto rodeada de masas arbustivas e árbores ou praderías infinitas (ao estilo do fondo de escritorio meadow do windows XP). Polo tanto: a implantación de céspedes como o seu mantemento, é unha das principais funcións dun xardineiro/a, e unha das máis problemáticas (malas herbas do demo, enfermidades, problemas coa rega,...).

Os céspedes poden estar compostos por unha soa, ou por varias especies de gramíneas, ou sexa unha mestura; sendo esta última a opción máis común. Para elixir a mestura (ou fórmula) de especies e variedades axeitada hai que ter en conta: o clima (atlántico, mediterráneo, continental), a exposición (sol, semisombra ou sombra) e o uso (ornamental, utilitario u deportivo).

Existen algunhas alternativas a implantación dun céspede coma son: as superficies de áridos (moi empregadas en xeroxardinaría) ou as plantas tapizantes (moi aconsellables para ribazos moi inclinados ou zonas sombrías).

Enlaces:
http://fichas.infojardin.com/cesped/lista-cesped-nombre-cientifico.htm
http://www.rocalba.com/pdfs/cespedes.pdf

Alright! - Supergrass

Ningún comentario:

Publicar un comentario