18/11/13

Festival de Xardíns de Ponte de Lima

O 25 de outubro realizamos unha visita formativa a IX edición do Festival Internacional de Jardins de Ponte de Lima.
Este ano 2013 obtiveron, no marco da Garden Tourism Conference celebrada en Toronto (Canada), o premio ao Festival of the Year na categoría de International Garden Tourism AwardsEste premio pon en evidencia a gran contribución que ten este Festival no desenvolvemento do turismo ligado aos xardíns (na edición de 2012 recibiu 100.000 visitantes). Tamén é un recoñecemento ao traballo, ao longo destes nove anos, en prol da arte do xardín e na difusión de formas creativas e innovadoras de intervención no espazo público.

Os futuros/as xardineiros e paisaxístas do CM-Xardinaría e Floraría e do CS-Paisaxísmo e Medio Rural

Outros festivais:
Festival Internacional de Xardíns de Allariz . Este festival está creado a imaxe e semellanza do de Ponte de Lima, o que non o desmerece para nada, é intelixente copiar aquelas cousas que "valen a pena" (a do ano que ven será a 5ª edición).

Festival International des Jardins Domaine de Chaumont-Sur-Loire , en Francia (*).  Celébrase dende 1992, e está consolidado a nivel internacional como un dos eventos máis importantes no ámbito do paisaxismo, onde se amosan as últimas tendencias en parques e xardíns.
(*) Situado a uns 200 Km ao sur de París, entre as cidades de Tours e Blois.

Garden Festival des Jardins de Métis , en Canada. Este festival celébrase anualmente dende o ano 2000 na rexión de Quebec, nos Jardins Reford (*). É un dos concursos internacionais de deseño de xardíns efémeros máis importantes de América, e do mundo; está organizado pola Fondation de Jardins de Métis, entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é a creación, exposición e promoción de xardíns contemporáneos. A diferenza de outros festivais similares, as propostas son de tema libre, quedando a criterio dos participantes.
(*) Os xardíns de Reford son sitio histórico Nacional. Antigo coto de pesca dunha rica familia, a partir de 1926 engadíronselle grandes xardíns, por vontade de Elsie Reford, ávida xardineira e coleccionista de plantas.

Unha mención aparte, xa que non é un festival de xardíns efémeros, merece Keukenhof , en Holanda (*). É un extenso parque de máis de 32 hectáreas, un culto as flores bulbosas, especialmente aos tulipáns; sen dúbida Keukenhof é un dos xardíns máis bonitos do mundo. So está aberto ao público dende mediados de marzo a finais de maio, coincidindo coa floración dos tulipáns.
(*) Situado entre as localidades de Lisse e Hillegon, moi cerca de Ansterdam.

Ningún comentario:

Publicar un comentario