28/04/14

Mala herba

Unha mala herba non é máis que unha planta no lugar equivocado (fora de sitio). Ou como lle diría un raygrass a unha labaza: Que fai unha herbinha coma tí nun sitio coma este?

Xeralmente este concepto aplícase as especies que medran nos cultivos. As malas herbas caracterízanse pola sua alta capacidade de dispersión, gran persistencia e por ser moi competitivas.

Un concepto próximo ao de mala herba é o de planta invasora: ésta é una especie exótica con grande capacidade de expansión e que chega a alterar os ecosistemas naturais dun territorio, moitas veces desprazando á flora autóctona. Algunhas desas especies invasoras son malas herbas. Poden proceder de plantas cultivadas como ornamentais o tratarse de plantas presentes accidentalmente en outros cultivos (Pennisetum setaceum, Pennisetum clandestinum, Helianthus tuberosus, Cortaderia spp, Arundo donax, Tradescantia fluminensis...). Ver catálogo de especies exóticas invasoras.

O concepto de botánico de flora arvense (que medra nos sembrados) engloba as malas herbas e as plantas invasoras.

Outro termo que podemos escoitar é o de Planta ruderal (do latín ruderis , "entullo") é unha planta que aparece en hábitats alterados pola acción do ser humano, como as marxes dos camiños ou zonas urbanas. Tratase habitualmente de herbas anuais o bianuais de corta vida, pero con tasas de crecemento e de produción de sementes moi altas, e por iso mesmo cunha distribución xeográfica ampla. (margaritas, trevos, papoulas, bromos, senecio, estramonio, avea loca,...). ver artigo ruderais.

Contolar as malas herbas é un dos traballos máis importantes na implantación e mantemento de céspedes. Para controlar as malas herbas no xardín terás que seguir tres puntos básicos: coñecelas, previlas e eliminalas!!!


http://www.unavarra.es/herbario/htm/inicio.htm


Semilla negra - versión Marlango

Ningún comentario:

Publicar un comentario