11/12/17

Caseto viveiro I

A parcela adicada a Viveiro de produción de planta do Centro non dispuña dunha zona para gardar pequenas ferramentas e materiais de reposición que se empregan acotío: substratos, adubos, envases, titores, macarrón de atar, etiquetas, tapetes anti-herbas, mesas de traballo, material de rega, vasoiras, etc. Así mesmo tampouco dispuña dunha zona cuberta onde realizar traballos a resgardo da choiva e do sol.
Unha opción era empregar un módulo prefabricado; pola súa inmediata posta en servizo e posibilidade de mobilidade/reubicación de ser o caso...pero son caros. Outra opción é facer un cuberto nós mesmos dentro das prácticas do módulo de instalacións agrícolas, xa que é unha estrutura de construción sinxela...e resulta máis económico e divertido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario