06/05/13

IV Festival de Xardíns

Xa queda pouco para a IV edición do Festival de Xardíns, obrigada cita anual da xardinaría ghranxeira e dos arredores (e como veña alguén de Portugal, en vindeiras edicións pasaremos a chamarlle International Gardening Festival).

Este ano a data escollida é o vindeiro 6 de xuñoÁnimo e a traballar duro para rematar as vosas creacións en tempo e forma.
Cartel desta edición, baixo o lema: crisis? what crisis? (*)

(*) A crise é tamén de ideas; así que modifico a famosa portada de Supertramp (sen permiso algún) é listo.
Sempre me gustou está imaxe: as fábricas botando fume, urbanismo infame...pero o individuo sobreponse e crea un espazo propio, que nun sentido amplo podemos considerar un xardín. Chapó!. Tamén podemos vela polo lado crítico: o mundo desfaise, pero nós; no conforto do noso "xardín" non o vemos, ou non o queremos ver.

2 comentarios:

  1. Que Arqui, gústache máis este cartel que o do ano pasado?

    ResponderEliminar
  2. Por suposto, xa sabedes que estades todos os vellos alumnos/as convidados ao Festival.

    ResponderEliminar