02/05/13

Orde e Limpeza

En calquera actividade laboral, para acadar un grado de seguridade aceptable, é moi importante asegurar e manter a orde e a limpeza do lugar de traballo. Entre un 20-25% dos accidentes laborais son golpes e caídas como resultado de ambientes desordenados, chans esvaradíos, materiais fora de lugar ou acumulacións de materiais sobrantes ou lixo.

Ademais de evitar accidentes e lesións, aforramos en espazo, tempo e material; polo tanto obtemos un maior rendemento e produtividade no traballo.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario