05/10/12

Central Park

O Central Park é un parque urbano (*) público situado en Manhattan na cidade de New York (USA). O parque ten forma rectangular e unhas dimensións aproximadas de 4000 m x 800 m (320 Ha). Cuns 25 millóns de visitantes ao ano, Central Park é o parque máis visitado dos EEUU. Ademais, a súa aparición en numerosas películas, o converte nuns dos parques urbanos máis famosos do mundo, senón o que máis.

En 1857 organizouse un concurso para elixir o deseño do parque: O paisaxista Frederick Law Olmsted e o arquitecto Calvert Vaux presentaron un deseño chamado Greensward Plan, que foi seleccionado como o deseño gañador. A construción do parque rematouse en 1873.

Con anterioridade Olmsted, viaxou por Europa, visitando varios parques; quedou particularmente impresionado co Parque Birkenhead (deseñado por Joseph Paxton) situado perto de Liverpool, no Reino Unido, que foi inaugurado no 1847, sendo o primeiro parque público do mundo.































(*) Un parque (do francés parc) urbano (chamado tamén parque público, parque municipal, xardín público) é unha zona verde axardinada situado no interior dunha poboación, coa finalidade de servir de lugar de recreación lúdica dos cidadáns. É de acceso público e, en xeral, debe o seu deseño e mantemento a os poderes públicos (municipais).

Ningún comentario:

Publicar un comentario