16/10/12

Xeroxardinaría



 A xeroxardinaría e o xeroxardín son conceptos acuñados nos USA (xeriscape) a principios dos 80. O prefixo "xero" significa seco, do grego "xeros".

Despois da seca dos 70 no oeste dos EEUU, fundamentalmente nos estados de California e Colorado, púxose de manifesto a necesidade de construír xardíns de baixo consumo de auga, formulándose uns principios de deseño e concepción do xardín que constitúen o que hoxe coñecemos por xeroxardinaría. Chegando a España ala polos 90, tamén da man das secas, fundamentalmente do sur da península.

A idea principal neste tipo de xardíns é facer un uso racional da auga de rega, evitando o desperdicio da mesma, isto ten unha relevancia especial en climas como o mediterráneo o subdesérticos.

O aforro de auga non é o único obxectivo, a xeroxardinaría vai máis aló. Tamén ten un sentido ecolóxico e avoga por un mantemento reducido, por exemplo, intentar limitar a utilización de produtos fitosanitarios e fertilizantes, reducir o uso da maquinaria con gasto de combustible, fomentar a reciclaxe, etc.

UD1_Principios básicos xardinaría_xeroxardinaría

Seleccion de elementos vexetais para xeroxardinaría

Ningún comentario:

Publicar un comentario