30/10/12

Soleira de formigón

Xa que non podemos rematar a xogada; imos lembrar os pasos a seguir para realizar unha soleira de formigón:
  • Marcamos a superficie no terreo.
  • Abrimos a caixa (burato).
  • Botamos unha capa de grava (aprox 10 cm) e compactámola.
  • Sobre esta cimentación colocamos unha malla electrosoldada (separámola uns centímetros da grava).
  • Marcamos con cordeis, ben tensos, a alineación e a pendente dos bordes.
  • Realizamos o encofrado de madeira dos bordes seguindo as alineacións e pendentes. Para marcar as pendentes e nivelacións valémonos dun nivel de burbulla ou un de auga (de mangueira).
  • Vertemos o formigón sobre a caixa (aprox 10 cm).
 

  • Nivelamos a superficie valéndonos dunha regra (de aluminio) que apoiamos no encofrado (que xa previamente niveláramos coa pendente desexada). Movemos alternativamente a regra, de adiante atrás, ata que a superficie do formigón queda perfectamente lisa.
 
  • Desencoframos unha vez que o formigón fraguou e endureceu (aprox aos 3 días, aínda que a resistencia máxima alcánzase aos 30 días). E fin do proceso.
Podemos complicar o tema falando dos distintos espesores e armado de aceiro segundo o uso, de aditivos do formigón...pero para realizar pequenas obras en xardinaría, basicamente, o que hai que saber é isto. Iso si, saber-facer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario